Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ponte Aranga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.815 (2023) (15,06 hab./km²) | ||||
Xentilicio | arangués | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 120,49 km² | ||||
Altitude | 262 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Platas Álvarez | ||||
Eleccións municipais en Aranga | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15317 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15003 | ||||
Páxina web | aranga.es |
Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».[1]
Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.
É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).
Censo total 2014 | 2033 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 118 (5,8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1136 (55,88 %) |
Maiores de 65 anos | 779 (38,32 %) |
Evolución da poboación de Aranga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4710 | 4980 | 4618 | 2723 | 2274 | 2142 | 2113 | 2072 | 2051 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.
En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.
En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.
A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.
Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.
A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.
Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.
A lenda conta que hai séculos ían unhas mulleres camiñando preto da igrexa e escoitaron soar unha campaíña. Contáronllo ó cura e este mandou cavar no lugar, ata que atoparon unha cruz de ferro e unha coroa de prata. Cando sacaron estes obxectos comezou a abrollar auga, que deu lugar á actual fonte; ó seu pé hai unha cruz gravada na pedra. Co tempo levantouse unha ermida a carón da fonte.
A Santa Cruz e a fonte de Aranga teñen propiedades curativas, ó dicir dos veciños. Para curar dalgunha enfermidade, o doente debe lavarse coa auga que se vai acumulando na cruz de pedra. Do mesmo xeito, para conseguir ter fillos, os interesados deben lavar as súas partes con esta auga, e disque tamén é eficaz para protexer as colleitas das diferentes pragas [2].
Aparece tamén Aranga na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…[5]
Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 5 (-1) | 751 | 53,30% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 526 | 37,33% |
BNG | 0 (=) | 123 | 8,73% |
Pasaron dos 11 escanos aos 9 escanos.
Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 (=) | 728 | 48,08% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 521 | 34,41% |
i Aranga | 1 (-) | 193 | 12,75% |
BNG | 0 (-1) | 58 | 3,83% |
Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 (=) | 846 | 50,39% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 593 | 35,32% |
BNG | 1 (=) | 231 | 13,76% |
Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 | 853 | 48,41% |
PSdeG-PSOE | 4 | 656 | 37,23% |
BNG | 1 | 240 | 13,62% |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Aranga vexa: Lugares de Aranga.
|archiveurl=
e |url-arquivo=
redundantes (Axuda); |archivedate=
e |data-arquivo=
redundantes (Axuda); |deadurl=
e |url-morta=
redundantes (Axuda); |accessdate=
e |data-acceso=
redundantes (Axuda)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aranga |