O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.
Orografía e hidrografía
A maior parte do territorio ocúpano os contrafortes da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.
Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura. No século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.
Cultura
Toponimia
Ribeira é palabra galega procedente do latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[1] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[2] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[3] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[4] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía, altérnanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[5][6] e con v.
Santa Uxía fai referencia á santa patroa da parroquia, Santa Uxía de Alexandría. Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[7]
O pleno do concello aprobou[8] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón. O concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
O 3 de marzo de 2020 o concello aceptou o topónimo oficial nun acto institucional coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, de representantes dos diferentes grupos políticos do concello, do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e do director da Comisión de Onomástica e Toponimia da RAG, Antón Santamarina.[9]
Festas e celebracións
Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán.
A festa da Dorna ten lugar entre o 18 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "Voo sen motor", a "Regata de embarcacións feitas a machada" ou o "Gran prix de carrilanas". A festa conta cun "idioma propio".
Ribeira na literatura popular
Na capela de Santo Alberte realízase un rito adiviñatorio co que as mozas intentan saber cando van casar. Para iso lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na ábsida. O casamento queda garantido se o conseguen.[10]
Na mesma capela celébrase a romería de Santo Alberto, na que as esposas dos mariñeiros intentan garantir a pronta volta dos seus homes mediante o rito do "cambio de tella". Consiste en mover unha das tellas desde un dos puntos cardinais ó contrario. Buscan así que os ventos teñan unha dirección favorable.[11]
Refraneiro
Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira.[12]
↑Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. p. 654. ISBN84-95415-82-8.
↑Fermín Bouza-Brey, 1929, 178. No orixinal: pol-os.
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Santa Enxía [sic].
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "marroguento" refírese de xeito despectivo a "aquel que ten tripas de polbo".
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: "Santa Euxía".
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxía.
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de "Os oestrimnios..." de Cuevillas.
↑O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal. Palmeira, Santa Uxía e Carreira son de Ribeira. No orixinal: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey 1929, 169.
↑Fermín Bouza-Brey: Paradela, en Nós 90, 15.06.1931, 108.
BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. penas dos namorados.