![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de novembro de 1990 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 82 kg (180 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bellarmine Prep (Tacoma, Washington) Findlay College Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | Texas (2009–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2010–2017) → Maine Red Claws (2011) Hapoel Jerusalem BC (2011) Detroit Pistons (2017–2018) Los Angeles Clippers (2018–2019) Memphis Grizzlies (2019) Los Angeles Lakers (2019–2020) Miami Heat (2020–2021) Houston Rockets (2021) Los Angeles Lakers (2021–2022) |
Avery Antonio Bradley Jr., nado o 26 de novembro de 1990 en Tacoma, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Bradley foi incluído como un dos mellores xogadores de instituto da nación da clase de 2009, no primeiro posto por ESPNU100,[1] no cuarto por Rivals.com,[2] e no quinto por Scout.com.[3] Bradley liderou ao Findlay College Prep ao campionato nacional de instituto ao derrotar na final á Oak Hill Academy por 56-53. Bradley xogou o McDonald's All-American Game de 2009 e gañou o concurso de mates do evento. Antes de ser trasladado ao Findlay Prep no seu segundo ano, Bradley asistiu durante tres anos ao Bellarmine Preparatory School, e xunto con Abdul Gaddy, liderou ao Bellarmine Prep á terceira praza no torneo estatal 4A WIAA.
Bradley asistiu á Universidade de Texas en Austin.[4] Na súa única tempada, Bradley disputou os 34 partidos da tempada e fixo 11,6 puntos por partido.[5] Foi nomeado no mellor equipo de novatos do oeste da NCAA.
Foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics, e o 2 de xullo de 2010 asinou o contrato de novato co equipo.[6]
En 2011, durante o lockout da NBA, xogou no Hapoel Jerusalem BC.[7] Volveu aos Celtics unha vez rematado o lockout.
O 7 de xullo de 2017, Bradley foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Detroit Pistons, a cambio de Marcus Morris.[8]
O 29 de xaneiro de 2018, Bradley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Boban Marjanović, Tobias Harris e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.[9]
O 7 de febreiro de 2019, Bradley foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de JaMychal Green e Garrett Temple.[10] O 6 de xullo de 2019, Bradley foi cortado polos Grizzlies.[11]
O 8 de xullo de 2019, Bradley asinou cos Los Angeles Lakers.[12]
O 23 de novembro de 2020, Bradley asinou cos Miami Heat.[13]
O 25 de marzo de 2021, Bradley foi traspasado xunto a Kelly Olynyk e un intercambio de eleccións do Draft de 2022 ós Houston Rockets, a cambio de Victor Oladipo.[14]
O 24 de setembro de 2021, Bradley asinou cos Golden State Warriors.[15] Foi cortado polos Warriors pouco antes do comezo da tempada.[16]