(1964) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nl) Bernardus Marinus Pon 9 de decembro de 1936 Leiden, Países Baixos |
Morte | 30 de setembro de 2019 (82 anos) Nijkerk, Países Baixos (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Actividade | |
Campo de traballo | Viticultura |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , tirador , piloto de carreiras , empresario |
Lingua | Lingua neerlandesa |
Deporte | Tiro deportivo |
Participou en | |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Ben Pon |
Bernardus Marinus "Ben" Pon nado en Amersfoort, Países Baixos o 9 de decembro de 1936 é un ex deportista olímpico e expiloto de competición dos Países Baixos. Competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, pero tivo unha andaina moito máis larga competindo con coches deportivos, antes de dar as costas á competición para concentrarse no comercio do Viño. Tamén representou aos Países Baixos en tiro nos Xogos Olímpicos de 1972, terminando o 31º.[1][2]
O seu pai, Ben Pon, Sr., era un importador de Volkswagen Escaravello nos Estados Unidos, e considérase o "pai" do Volkswagen Volkswagen Tipo 2 debido ao seu interese inicial e a participación no proxecto.[3]
Ben Pon era amigo persoal do piloto de Fórmula Un Carel Godin de Beaufort. Beaufort era o propietario do equipo privado Ecurie Maarsbergen que proporcionoulle un Porsche 787 para que correra no Gran Premio holandés en Zandvoort, de 1962, no seu Gran Premio de casa o 20 de maio de 1962. Non puido rematar a carreira debido a un accidente, que envorcou o seu coche encima, lanzando a Pon fóra da carlinga.[1] Como resposta, Pon xurou non competir nunca máis cos monoprazas, e nos anos seguiron permaneceu fiel á súa palabra, mentres que logrou moitos éxitos nas carreiras de coches deportivos, pilotando tamén un Porsche. Pon retirouse das carreiras de autos deportivos profesionais en 1965.
Desde a súa retirada no campo deportivo, Pon volveu a súa atención ao comercio do viño. Agora é coñecido polo seu Bernardus Winery en Carmel Valley, California, e é dono do negocio de venda de viños máis antigo dos Países Baixos.
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Porsche System Engineering | Herbert Linge | Porsche 356B Abarth GTL | S 1.6 | 284 | 10º | 1º |
1962 | Porsche System Engineering | Carel Godin de Beaufort | Porsche 356B Abarth | GT 1.6 | 35 | Ret | Ret |
1963 | Porsche System Engineering | Heinz Schiller | Porsche 356B 2000GS GT | GT 2.0 | 115 | Ret | Ret |
1964 | Racing Team Holland | Henk van Zalinge | Porsche 904/4 GTS | GT 2.0 | 319 | 8º | 2º |
1965 | Auguste Veuillet | Robert Buchet | Porsche 904/4 GTS | GT 2.0 | 224 | Ret | Ret |
1967 | Porsche System Engineering | Vic Elford | Porsche 906K Carreira 6 | S 2.0 | 327 | 7º | 1º |
(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 787 | Porsche 547/6 1.5 F4 | NED Ret |
MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | NC | 0 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ben Pon |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |