Caamouco | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Vicente de Caamouco | |
Concello | Ares[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°25′51″N 8°12′31″O / 43.4307, -8.2085Coordenadas: 43°25′51″N 8°12′31″O / 43.4307, -8.2085 |
Poboación | 757 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Caamouco[1] é a parroquia máis oriental do concello coruñés de Ares. Segundo o Instituto Galego de Estatística tiña 757 habitantes no ano 2018, dos que 361 eran homes e 396 mulleres, o que supón un descenso en relación ó ano 2007 cando tiña 818, aínda que durante o verán a poboación chega a cuadriplicarse.
Caamouco ten boas praias na ría de Ares como as do Raso e Seselle e a vila típica mariñeira de Redes, que é un punto de interese turístico nas Rías Altas.
En Ares non te pares, en Redes non te quedes e en Caamouco para pouco.
Lugares da parroquia de Caamouco no concello coruñés de Ares | |
---|---|
Barracido | Burreiros | Carballás | O Castro | Curmá | Curro | Ixobre | A Lameira | Liñares | A Lousada | A Malata | Mazaído | O Outeiro de Barracido | O Pallizo | As Pezoas | O Raso | Redes | A Regueira | Ríos | Rodelas | A Rúa de Barracido | Seselle | A Solaina |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ares | |
---|---|
Ares (San Xosé) | Caamouco (San Vicente) | Cervás (San Pedro) |