Suxeriuse que "Braquiúros" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa).Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos.
Para a constelación do cangrexo, véxase Cáncer (constelación)
Para a Supernova do Cangrexo, véxase SN 1054.
Anatomía externa dun cangrexo (xénero Uca).
1. Rostro
2. Antena
3. Ollo
4. Isquio
5. Carpo
6. Propodio
7. Quelípodos (pinzas)
8. Cacho
9. Patas marchadoras

Chámanse cangrexos[1] ou caranguexos[2] a diversos crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente aos da suborde dos braquiúros.

Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares de patas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciados gastronomicamente, como lagostas, lumbrigantes, centolas ou nécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, o cangrexo violinista, o cangrexo dos coqueiros ou os cangrexos de río.

Etimoloxía

O nome cangrexo deriva dun diminutivo da voz do baixo latín cangro, que á súa vez procede do latín cancer, cancris.[3]

Características

O que teñen en común todos os chamados cangrexos é o seu carácter bentónico, é dicir, que viven vagando sobre o fondo. Só algunhas especies da familia dos portúnidos (Portunidae) desenvolveron secundariamente un hábito nectónico, isto é, poden nadar en vez de andar só polo fondo (e por iso se lles chama cangrexos nadadores (Natantia).

Cangrexo de río europeo, especie ameazada pola introdución do cangrexo de río americano, unha especie invasora.

Outro trazo común, compartido con algúns outros decápodos, é que o primeiro par de patas locomotoras converteuse evolutivamente nun par de quelípodos (pinzas), que empregan para a captura e manipulación do alimento, para o cortexo, ou para a disputa territorial.

Existen máis de 4.000 especies de animais que son ou que poden ser chamados cangrexos. A maioría viven dentro da auga ou preto dela, aínda que algúns son de hábitos fundamentalmente terrícolas e só van á auga para reproducírense.

Os cangrexos, mesmo os nadadores, non adoitan seren grandes nadadores, senón que se desprazan polo fondo sobre as súas patas, e en moitos casos son capaces de transitar fóra da auga e mesmo de gabear polas palmeiras.

Gecarcinus quadratus, cangrexo terrestre centroamericano denominado por algúns como cangrexo de Halloween.

Como artrópodos que son, os cangrexos están dotados dun exoesqueleto cuxo compoñente principal é a quitina, que a miúdo adquire gran dureza porque adoita estar mineralizado con carbonato cálcico.

Como para o resto dos artrópodos, o crecemento require duna écdise ou muda do exoesqueleto, ocasión que moitas especies aproveitan para a reprodución.

Algúns cangrexos coñecidos

Pagurus bernhardus, cangrexo ermitán no Aquarium Finisterrae (A Coruña).
Cangrexo real, comercializado en Galicia desde hai poucos anos.
Cangrexo violinista (Uca pugnax).
  • Potamobius astacus (= P. fluviatilis), do centro e N de Europa, e
  • Austropotamobius pallipes, que vive nas illas Británicas e no S de Europa.

Galería

Notas

  1. "Cangrexo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  2. "Caranguexo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  3. "Cangrexo". Portal das Palabras. Consultado o 23 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas