Carl Woese
Nacemento15 de xullo de 1928
Lugar de nacementoSyracuse
Falecemento30 de decembro de 2012
Lugar de falecementoUrbana
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAmherst College, Deerfield Academy e Universidade Yale
Ocupaciónmicrobiólogo, biólogo e profesor universitario
PremiosBolsa MacArthur, Medalha Leeuwenhoek, Medalla Nacional de Ciencia, Prêmio Selman A. Waksman de Microbiologia, Crafoord Prize in Biosciences e Foreign Member of the Royal Society
Na rede
WikiTree: Woese-1
editar datos en Wikidata ]

Carl Richard Woese, nado en Siracusa, Nova York, Estados Unidos o 15 de xullo de 1928 e finado en Urbana, Illinois, Estados Unidos o 30 de decembro de 2012,[1] foi un microbiólogo estadounidense.

Traxectoria

Woese foi o creador da nova taxonomía molecular baseada na comparación entre especies da chamada secuencia do ARN ribosomal 16s e 18s que comparten todos os seres vivos do planeta e que apenas sufriu cambios desde a aparición na Terra das primeiras formas de vida microbiolóxicas. As súas análises filoxenéticas en 1977 levárono ao descubrimento dun novo dominio, o das arqueas (Archaea).

A aceptación da validez das arqueas, que son organismos procariotas pero non bacterias, foi un proceso lento. Figuras relevantes como Salvador Luria e Ernst Mayr non estaban de acordo con esta división dos procariotas, aínda que as súas críticas non se reducían ao ámbito científico. Non foi até mediados da década de 1980 cando a crecente cantidade de datos levou á comunidade científica á aceptación do novo dominio.

Woese ingresou na Academia Nacional de Ciencias en 1988, en 1992 recibiu a Medalla Leeuwenhoek, en 2000 a National Medal of Science e en 2003 foi galardoado co premio Crafoord pola Academia sueca de Ciencias.[2][3]

Faleceu o 30 de decembro de 2012 en Urbana, Estados Unidos, aos 84 anos de idade.[1]

Principais publicacións

Libros

Artigos

Notas

  1. 1,0 1,1 "Visionary UI biologist Carl Woese, 84, dies" (en inglés). The News - Gazette. 30 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  2. "Selman A. Waksman Award in Microbiology". National Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2014. 
  3. Morrison, David (10 de decembro de 2003). "Carl Woese and New Perspectives on Evolution". NASA. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas