Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1912 Magenta, Italia (pt) |
Morte | 10 de xaneiro de 2007 (94 anos) Xenebra, Suíza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia (1965–) Italia (1946–2007) Reino de Italia (1912–1946) |
Educación | Universidade de Milán |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema , director de cinema , guionista , produtor |
Período de actividade | 1940 - |
Lingua | Lingua italiana e lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sophia Loren (1966–2007) Giuliana Fiastri (1946–1957) |
Fillos | Carlo Ponti () Sophia Loren Guendalina Ponti (en) () Giuliana Fiastri (en) Edoardo Ponti () Sophia Loren Alex Ponti (en) () Giuliana Fiastri (en) |
Premios
| |
|
Carlo Fortunaro Pietro Ponti Sr., nado en Magenta (Lombardía) o 11 de decembro de 1912 e finado en Xenebra o 10 de xaneiro de 2007 foi un produtor de cinema italiano con máis de 140 realizacións.
Ponti naceu en Magenta e estudou dereito na universidade de Milán. Uniuse á firma legal do seu pai en Milán e introduciuse no negocio cinematográfico a través da negociación de contratos.[1] Ponti intentou establecer unha industria cinematográfica en Milán en 1940 e produciu alí Piccolo Mondo Antico, de Mario Soldati, con Alida Valli no seu primeiro papel importante. O filme mostraba a loita italiana contra os austríacos durante a unificación italiana e supuxo un éxito debido a que era fácil de ver "os austríacos como alemáns" durante a segunda guerra mundial.[2] Como resultado, foi encarcerado brevemente por minar as relacións coa Alemaña nazi.[3]
Ponti aceptou unha oferta de Lux Film, de Riccardo Gualino en Roma en 1941, onde produciu unha serie de filmes con éxito protagonizados polo cómico Totò.[4] En 1954 conseguiu o seu maior éxito artístico coa produción de La strada, de Federico Fellini. Porén, Fellini negou a participación de Ponti no éxito e dixo que "La Strada se realizou a pesar de Ponti e De Laurentiis".[4] En 1965 produciu o seu maior éxito popular e financeiro, Doutor Zhivago, de David Lean.
En 1946, casou con Giuliana Fiastri coa que tivo unha filla, Guendalina, en 1951.[5]
Mentres facía de xuíz nun concurso de beleza arredor de 1950, coñeceu unha actriz chamada Sofia Lazzaro, que contratou para filmes como Anna (1951). En 1952, o seu amigo Goffredo Lombardo, xefe de produción de Titanus, cambiou o nome de Lazzaro a Sophia Loren. Cinco anos despois, Ponti obtivo un divorcio mexicano da súa primeira dona e casou con Loren por poderes. O divorcio aínda estaba prohibido en Italia, e informáronlle que se volvía sería acusado de bigamia e Loren de concubinato. En 1960 ambos volveron ao seu país, e cando foron preguntados polo xulgado negaron estaren casados. En 1962 conseguiron a anulación do primeiro matrimonio, despois de que Ponti amañara con Giuliana que os tres se mudarían a Francia (onde o divorcio estaba permitido) e se nacionalizarían franceses. En 1965, Giuliana Ponti divorciouse do seu home, permitindo a Ponti casar con Loren en 1966 nunha voda civil en Sèvres.[1][6][7] Máis tarde convertéronse en cidadáns franceses cando a súa petición foi aprobada polo presidente Georges Pompidou.[8]
En 1975 houbo dous intentos fracasados de secuestrar a Ponti, incluíndo un que implicaba atacar o seu coche cunha arma de fogo.[1]
En 1979 foi xulgado in absentia por contrabando de diñeiro de obras de arte, multado por 22 billóns de liras e sentenciado a catro anos de prisión. Ponti non asistiu á audiencia, xa que a súa nacionalidade francesa o facía inmune para a extradición. Finalmente foi liberado dos seus cargos en 1990.[1]
Ponti faleceu en Xenebra de complicacións pulmonares o 10 de xaneiro de 2007.[2][9] Foi sobrevivido pola súa esposa, Sophia Loren; os seus fillos o director de orquestra Carlo, o produtor Alessandro e o director e antigo neno actor Edoardo Ponti;[5] e a súa filla, a avogada Guendalina.[4] Foi enterrado na tumba familiar en Magenta, Lombardía.[10]
archived at TV Fan Forums