Carlos IV | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||||||||||||||||
Rei de Bohemia, Conde de Luxemburgo | ||||||||||||||||||||
26 de agosto de 1346 29 de novembro de 1378 | ||||||||||||||||||||
Coroación | 2 de setembro de 1347, Praga | |||||||||||||||||||
Predecesor | Xoán de Bohemia | |||||||||||||||||||
Sucesor | Venceslau | |||||||||||||||||||
Rei de romanos | ||||||||||||||||||||
11 de xullo de 1346 29 de novembro de 1378 | ||||||||||||||||||||
Coroación | 26 de novembro de 1346, Bonn | |||||||||||||||||||
Predecesor | Lois IV | |||||||||||||||||||
Sucesor | Venceslau I | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Nacemento | 14 de maio de 1316 Praga | |||||||||||||||||||
Falecemento | 29 de novembro de 1378 (62 anos) Praga | |||||||||||||||||||
Cónxuxe/s | Branca de Valois Ana de Baviera Ana de Świdnica Sabela de Pomerania | |||||||||||||||||||
Descendencia | Sexismundo I Venceslau I Margarida de Hungría Catarina de Bohemia Sabela de Austria Ana, Raíña de Inglaterra Margarida de Bohemia | |||||||||||||||||||
Casa real | Casa de Luxemburgo | |||||||||||||||||||
Proxenitores | Xoán de Bohemia Sabela de Bohemia | |||||||||||||||||||
Na rede | ||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.
Membro da Casa de Luxemburgo, fillo do conde Xoán I de Luxemburgo (rei de Bohemia a través do seu matrimonio) e de Sabela de Bohemia (filla do rei Venceslau II e irmá de Venceslau III).
Foi Rei de romanos (entre 1344 e 1378) e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (entre 1355 e 1378). A través da súa herdanza paterna tamén se converteu en rei de Bohemia (entre 1346 e 1378) e conde de Luxemburgo (entre 1346 e 1353). Foi chamado Venceslau, mais despois da súa confirmación cambiouse o nome por Carlos.
Foi elixido rei de romanos coa oposición do emperador Lois IV ao ser declarado deposto polo papa Xoán XXII pola política que mantivo en relación con Italia e o propio papado. Dous anos despois (en 1346 sucedeu ao seu pai no trono de Bohemia e no condado de Luxemburgo), prestou o seu apoio ao papa Clemente VI. En 1348 fundou a Universidade de Praga. En 1355 foi coroado rei dos lombardos e, en Roma, como emperador.
A través da promulgación da Bula de Ouro en 1356, quedaron establecidos os requisitos e pasos necesarios para alcanzar a elección como emperador do Sacro Imperio. Sucedeulle como monarca de Bohemia e Luxemburgo o seu fillo Venceslau, que tamén foi designado rei de Alemaña ou dos romanos. Foi o gran promotor da cidade de Praga, pero tamén reafirmou o valor emblemático de Núremberg, dentro do Imperio, con cincuenta e dúas estancias na cidade.
Carlos casou catro veces. A súa primeira esposa foi Branca de Valois (1316-1348), filla de Carlos de Valois. Desta unión naceron dúas fillas:
O seu segundo matrimonio foi con Ana de Baviera (1329-1353), filla de Rodolfo II.
A súa terceira esposa foi Ana de Świdnica (1339-1362, filla de Henrique II e Catarina de Anjou), con quen tivo dous fillos:
A súa cuarta esposa foi Sabela de Pomerania (1347-1393), filla do Boguslaw V, e Sabela de Polonia. Da súa unión naceron seis fillos:
Carlos IV de Luxemburgo | Pai: Xoán de Bohemia |
Avó paterno: Henrique VII |
Bisavó paterno: Henrique VI |
Bisavoa paterna: Beatriz D'Avesnes | |||
Avoa paterna: Margarida de Brabante |
Bisavó paterno: Xoán I, duque de Brabante | ||
Bisavoa paterna: Margarida III de Flandres | |||
Nai: Sabela de Bohemia |
Avó materno: Venceslau II de Bohemia |
Bisavó materno: Otakar II de Bohemia | |
Bisavoa materna: Cunigunda de Eslavonia | |||
Avoa materna: Xudite de Habsburgo |
Bisavó materno: Rodolfo I de Habsburgo | ||
Bisavoa materna: Xertrude de Hohenburg |