Infección polo virus Chickungunya | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aedes aegypti, o insecto transmisor da infección. | |
DiseasesDB | 32213 |
MeSH | D018354 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Chikungunya[1] (do makonde, o que se torce[2]), ou de xeito abreviado chik, é unha doenza infecciosa provocada por un virus de ARN que leva o mesmo nome. Dito virus pertence ao grupo dos arbovirus, do xénero Alphavirus (Togaviridae) e transmítese característicamente a través de mosquitos do xénero Aedes (Aedes aegypti e Aedes albopictus), os cales actúan como vector epidemiolóxico.[3]
Probabelmente a orixe do virus atópese no continente africano, onde se reproduciría no organismo dos primates a través do subxénero Stegomyia, tal e como acontece coa febre amarela.[2] Así, a infección polo virus chikungunya é endémica de África, existindo tamén gromos epidémicos no sueste asiático, na contorna do océano Índico. Recentemente tivéronse descrito gromos en localizacións atípicas coma Europa, América do Norte ou Brasil, probabelmente por mor da ubicuidade e a distribución urbanita do mosquito transmisor.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chikungunya |