Coheed and Cambria | |
---|---|
Orixe | Nyack, Nova York, |
Período | 1995 - actualidade |
Xénero(s) | rock progresivo, rock alternativo, new prog, post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Hundred Handed/Everything Evil, B-Unique, Columbia, Equal Vision, Roadrunner, Sony |
Membros | Claudio Sanchez Travis Stever Josh Eppard Zach Cooper |
Antigos membros | Nate Kelley Jon Carleo Mic Todd Chris Pennie |
Artistas relacionados | The Prize Fighter Inferno, Davenport Cabinet, Weerd Science, Fire Deuce, 3 |
Na rede | |
coheedandcambria.com | |
Coheed and Cambria é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1995 en Nyack, Nova York. A música do grupo incorpora aspectos do rock progresivo, punk rock, metal e post-hardcore.
Todos os álbums de Coheed and Cambria son conceptuais e contan unha historia de ciencia ficción chamada The Amory Wars, escrita polo vocalista Claudio Sanchez, e que foi transcrita nunha serie de cómics e unha novela. A banda ten publicados seis álbums de estudio e tres álbums ao vivo.