Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...
Arquivo de mensaxes antigas: desde agosto do 2007 |
|
Xa rematei a edición, cómo a publico para o resto do mundo? Martiño gz65 (conversa) 2 de febreiro de 2024 ás 01:04 (UTC)[responder]
- @Martiño gz65: desde a páxina que creaches, Usuario:Martiño gz65/Cruz Cafuné, se lle dás á opción "Mover" (debe aparecerche xunto a "Editar" e "Ver historial"), xa che pregunta cal novo título queres darlle, e abonda con que poñas simplemente Cruz Cafuné. Así consérvase o historial, e sábese que a información a tomaches orixinalmente do artigo en castelán. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2024 ás 08:05 (UTC)[responder]
- Non me aparece "mover", nin nada entre "editar" e "ver historial" Martiño gz65 (conversa) 2 de febreiro de 2024 ás 16:12 (UTC)[responder]
Ola, non está moi claro o borrado do artigo Rolo de León, artigo con referencia e ampliación na Wikipedia en galego, cal foi o motivo do borrado? https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Rolo_de_Le%C3%B3n 190.219.223.169 9 de febreiro de 2024 ás 13:57 (UTC)[responder]
Boas. Son Andrés. Metín as miñas 3 primeiras páxinas (traducións de outras existentes).
Subinas mais hai 3 cousas que non fixen porque non sei como, a ver se alguén me pode axudar:
- Non sei meter os outros idiomas nos que está a páxina e non sei na páxina de inglés meter que está tamén en galego.
- Nos códigos de edición hai unha cousa que se chama "modelo" que non me colle, son como características especiais, por exemplo: aparece un recadro que pon "problema non resolvido en matemáticas". A min sempre me dá erro.
- Teño unha páxina "cobertura" que debería ter desambiguación e ser "cobertura_(matemáticas). Pois iso, tampouco non sei.
Atentamente.
Andrés Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 09:30 (UTC)[responder]
- Ola, @Andresv.63: Coméntoche:
- 1. Respecto a ligar o artigo en galego cos artigos noutras linguas, faise a través de Wikidata. Por exemplo, o artigo Terence Tao en Wikidata correspóndelle o elemento d:Q295981, e aí van os links. Pódese facer tamén doutros modos: a) se empregas o propio tradutor da Wikipedia (Especial:ContentTranslation), ao traducir un artigo ao galego xa o enlaza co orixinal; b) nun artigo que aínda non estea enlazado (por exemplo, Cobertura), na columna da esquerda, debaixo das ferramentas, aparecen as linguas, e aí debería aparecer "engadir ligazóns" (aínda que non teño moi claro se che aparece isto, porque eu teño activada a visualización vella das páxinas).
- 2. Aquí non podo axudarche moito, posto que non controlo moito de editar en código, e menos aínda de matemáticas, polo que non sei exactamente onde está cada problema :/
- 3. En Cobertura (e en calquera outro artigo), na parte superior, ademais da lapela "Artigo", "Conversa", "Editar", "Editar a fonte" e "Ver o historial" debería aparecerche a opción "Mover". Se clicas aí, podes poñer o novo título do artigo, neste caso Cobertura (matemáticas).
- Agardo que me explicase ben e non resultase todo moi enredado. Un saúdo, e parabéns polas túas achegas! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2024 ás 09:51 (UTC)[responder]
- Perfeito! linguas e máis desambiguación solucionado. Na versión actual o dos links das línguas está na dereita e alén diso despista que enriba dá outra opción de agregar linguas que non fai nada (ata onde eu chego)
- Graciñas. Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Teño un incidente. Por primeira vez usei o tradutor que oferece a propia Wikipedia para traducir On-Line_Encyclopedia_of_Integer_Sequences e agora resulta que lle deixou ese título e cando vou á opción "mover" e quero modificar por "OEIS" ou por "Enciclopedia online das secuencias de enteiros" dime esa páxina non existe"
- Graciñas pola axuda.
- Andrés Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 20:10 (UTC)[responder]
- @Andresv.63: Non entendo ben; creaches o artigo On-Line Encyclopedia of Integer Sequences, e queres movelo a OEIS ou Enciclopedia Online de secuencias de enteiros, non? Ningún dos dous artigos existe, co cal deberías poder movelos. Non obstante, eu deixaríao en inglés se non hai referencias para o seu nome en galego; e deixaría o nome completo en vez das iniciais. En todo caso, de traducilo poría "Enciclopedia en liña de secuencias de enteiros, pero coido que mellor sería deixalo co nome orixinal. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2024 ás 23:38 (UTC)[responder]
- ok, pois deixo así logo.
- Graciñas Andresv.63 (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 00:04 (UTC)[responder]
- boas. Desculpa que che moleste outra vez.
- Para que non me apareceran en vermello as referencias a unha revista americana traducín a páxina The American Mathematical Monthly e resulta que ten unha imaxe con datos que só podo modificar desde https://www.wikidata.org/wiki/Q2707818 e aparecen tres ligazons de google que no serven para nada e quero eliminar, mais non sei se esa páxina é para todos os idiomas e vou amolar a alguén que si as queira, Nese caso debería haber un método para non mostralas en galego. De feito ollei para outros idiomas e non aparecen. Sorpresa ... ???
- Graciñas por anticipado pola túa axuda
- Andres Andresv.63 (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 13:27 (UTC)[responder]
- Ola, @Andresv.63: Estiven a fedellar no artigo de The American Mathematical Monthly, e non son quen de facer que apareza só un link (non sei se @HombreDHojalata: podería saber onde está o problema). De todos os xeitos, efectivamente as ligazóns que había a Google Books eran incorrectas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2024 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Ao final parece que o conseguiches. Xa non aparecen as ligazóns riñas. Por certo conseguín algo co de incluír modelos. Resulta que se meten a través de páxinas que se chaman por exemplo Modelo:Mvar (esa conseguín que funcionase), máis hai outra que tentei que se chama "Descrición curta" que en vez de meter a descrición mete a páxina enteira. Está explicado aquí https://en.wikipedia.org/wiki/Help:Template e tamén en galego en Axuda:Modelos mais non me entero completamente porque as páxinas mesturan o propio modelo con explicacións e despois aparece todo na páxina en vez de só o modelo. Pode ser cousa de que ás veces teñen subpáxinas coa documentación. Non sei.
- Un saúdo. Andrés. Andresv.63 (conversa) 23 de febreiro de 2024 ás 08:04 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso, xa cambiei o texto polo orixina en castelán OTitanic (conversa) 13 de marzo de 2024 ás 09:00 (UTC)[responder]
Cal foi o problema ca miña edición sobre Arce? 83.37.134.238 18 de marzo de 2024 ás 21:50 (UTC)[responder]