Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.
A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao longo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e, en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.
Malia o seu repertorio ser de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida do desenvolvemento económico.
A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Aínda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.
Perfecto Feijoo funda Aires da Terra na cidade de Pontevedra. Este é considerado como o primeiro coro galego, aínda que recentes investigacións subliñan a probable existencia doutros coros.[2]
Fundación en Ferrol do Real Coro Toxos e Froles, que parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego, Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.
O 28 de decembro fórmase na Coruña o coro Cántigas da Terra. O 25 de setembro de 1922 o grupo, inicialmente formado exclusivamente por homes, actuou na praza de touros de Corcubión e incluíu seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña, que cantaron no Coro xunto con vinte e tres homes.
Cantar de Nadal · Canto de Reis · Aguinaldo · Aninovos · Manueles · Xaneiras · Despedida ·Panxoliña·Vilancico· Cantar de pasión · Cantar de Pascua · Canto de romeiros
de Festas
Cantar de camiño · Cantar de ramboia ·Pandeirada· Cantar de Entroido · Cantar dos maios · Canto de San Xoán · Enchoiada · Loias ·Regueifa
Baile da aña· Bailes da colleita ·Baile das labradas· Baile do magosto · Baile dos maios · Baile de San Xoán · Danza do pan · Danza do romance do rei portugués · Danza dos vellos · Danza de vésperas · Entroiada ·Danza do abellón· Danza do garotiño · Danza das penlas ·· Farsa de Carril · Farsa de damas e galáns · Farsa de mouros e cristiáns · Farsa de xigantes e cabezudos · Danza do feno · Danza do ramo · Danzas de aninovo · Danza de Nadal · Danza da morte