Culleres | |
---|---|
Información | |
Clasificación | Idiófono de golpe |
As culleres, de madeira ou metal, son utensilios de cociña empregados na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelles a categoría de idiófonos de golpe.[1]
As culleres tócanse por parellas batendo unha coa outra para producir golpes e redobres cos que se acompañan melodías e cantos. O seu uso áchase estendido por toda Galiza e son hoxe fabricadas polos artesáns especificamente para este fin[2]. Nas de madeira empréganse principalmente madeiras duras como o buxo ou o palisandro, debido á súa superior sonoridade.[3]
Existen distintos xeitos de tocalas. O máis común é colocando enfrontadas as partes convexas das culleres na man dereita, unha entre os dedos índice e corazón, e a outra entre o índice e o polgar. Así suxeitas, bátense entre entre a perna esquerda e a man esquerda, que se sitúa a unha distancia como dunha cuarta. Neste xeito de tocar os redobres obtéñense pasando, de arriba a abaixo, a punta da culler inferior sobre os dedos estendidos da man esquerda.[4]
Música, canto e baile tradicional de Galicia | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||||||||
Cantares |
| |||||||||||||||
Baile |
| |||||||||||||||
Danza de arcos · Danza de castañolas · Danza de cintas · Danza de espadas · Danza de paus · Danza de Reis | ||||||||||||||||
Glosario |