Deepa Mehta
Nacemento1 de xaneiro de 1950
Lugar de nacementoAmritsar
NacionalidadeIndia e Canadá
EtniaPobo indio
Alma máterUniversidade de Delhi e Lady Shri Ram College for Women
Ocupacióndirectora de cine, guionista, produtora, realizadora e produtor
CónxuxePaul Saltzman e David Hamilton
FillosDevyani Saltzman
IrmánsDilip Mehta
Coñecida porTriloxía dos elementos
PremiosOficial da Ordem do Canadá, Order of Ontario, Governor General's Performing Arts Award, Canada's Walk of Fame, honorary doctorate from the University of Alberta e honorary doctorate of Concordia University
Na rede
IMDB: nm0576548 Allocine: 15439 Allmovie: p192088 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Deepa Mehta, nada en Amritsar o 15 de setembro de 1950, é unha directora de cine e guionista india-canadense. É coñecida pola súa "Triloxía dos elementos", composta polos filmes Fire (1996), Earth (1998) e Water (2005).

Earth foi escollido como o candidato da India para os Premios Oscar de 1999 na categoría mellor filme en lingua non inglesa, e Water foi o candidato do Canadá en 2006 e o seu primeiro filme en recibir un nomeamento nos Premios.

Cofundou Hamilton-Mehta Productions co seu marido, o produtor David Hamilton, en 1996. Recibiu un Premio Genie en 2003 polo seu guión de Bollywood/Hollywood. En maio de 2012, Mehta recibiu o premio "Governor General" polo seus éxito artísticos, a meirande honra ás artes no Canadá.[1]

Filmografía

Ano Filme Notas
1991 Sam & Me
1994 Camilla
1996 Fire
1998 Earth
2002 Bollywood/Hollywood
2003 The Republic of Love
2005 Water
2008 The Forgotten Woman documental - guionista [2]
2008 Heaven on Earth
2012 Midnight's Children baseado na novela de Salman Rushdie
2014 Exclusion
2015 Beeba Boys [3]
2016 Anatomy of Violence

Notas

  1. Governor General's Performing Arts Awards Foundation (ed.). "Deepa Mehta biography". Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  2. Nathan Lee (7 de agosto de 2008). "Stigmatized by Society". New York Times. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  3. http://www.rediff.com/movies/report/randeep-hooda-plays-gangster-in-deepa-mehtas-next/20140822.htm

Véxase tamén

Ligazóns externas