Salman Rushdie | |
---|---|
e | |
Nome completo | Ahmed Salman Rushdie |
Nacemento | 19 de xuño de 1947 |
Bombai | |
Nacionalidade | británico |
Relixión | ateo |
Alma máter | Rugby School King's College |
Ocupación | escritor, novelista, ensaísta, guionista, escritor de literatura infantil, actor e autor |
Pai | Anis Ahmed Rushdie |
Cónxuxe | Clarissa Luard (1976–1987), Marianne Wiggins (1988–1993), Elizabeth West (1997–2004), Padma Lakshmi (2004–2007) |
Fillos | Zafar Rushdie e Milan Rushdie |
Lingua | urdú e inglés |
Xéneros | Realismo máxico |
Coñecido/a por | The Satanic Verses |
Premios | Comendador de las Artes y las Letras
Premio James Tait Black Premio James Joyce Premio Kurt Tucholsky Premio Booker (1981) Premio Austríaco de Literatura Europea (1992) Premio literario Hans Christian Andersen (2014) PEN Pinter Prize (2014) Medalla de Oro del Círculo de Bellas Artes (2015) |
Na rede | |
www.salman-rushdie.com | |
| |
www.salman-rushdie.com | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.
En setembro de 1988 provocou unha polémica inmediata no mundo musulmán pola suposta irreverencia coa que se trata a figura do profeta Mahoma. A India prohibiu o libro o 5 de outubro e Suráfrica prohibiuno o 24 de novembro. En poucas semanas, Paquistán, Arabia Saudita, Exipto, Somalia, Bangladesh, Sudán, Malaisia, Indonesia e Qatar tamén o prohibiron. O 12 de febreiro de 1989, cinco persoas foron asasinadas a tiros pola policía durante unha protesta contra o libro en Islamabad.
O 14 de febreiro de 1989, o aiatolá Ruhollah Khomeini, líder relixioso de Irán, leu en Radio Teherán un edicto relixioso, ou fatwa, que pedía a execución do escritor. O edicto acusou o libro de "blasfemia contra o Islam". Ademais, Jomeini acusou a Rushdie do pecado de apostasía, o abandono da fe islámica que segundo os hadith, ou 'tradicións' do profeta, debe ser castigado coa morte. Jomeini tamén pediu a execución dos responsables daquelas editoriais que publicaron o libro coñecendo o seu contido.
O 24 de febreiro, Khomeini ofreceu unha recompensa de tres millóns de dólares pola morte de Rushdie. Rushdie pasaría anos vivindo escondido baixo a protección británica.
O músico Yusuf Islam (Cat Stevens) tamén se pronunciou publicamente a favor da fatwa nunha entrevista na televisión británica."[1] e mencionou nunca conferencia que Rushdie merecía que o matasen[2]. Anos despois, nunha entrevista do ano 2000 na revista Rolling Stone dixo que aceptaría que un tribunal do Reino Unido declarase inocente a Rushdie, e que fora malinterpretado, como se lle pides a un estudante da Biblia que cite o castigo legal a un blasfemo, que sería dehonesto da súa parte non mencionar o Levítico 24:16.
En 1990, Rushdie publicou un ensaio titulado In Good Faith ("De boa fe") para tranquilizar aos seus críticos e afirmar o seu respecto polo Islam. A pesar diso, as autoridades relixiosas iranianas non anularon a fatwa. Aínda que Rushdie fixo outras declaracións públicas en defensa do seu libro e negando que insulte o Islam, certos musulmáns aínda consideran válido o edicto contra Rushdie.
En 1997, a recompensa duplicouse e ao ano seguinte o fiscal xeral do estado iraniano ratificou o seu apoio. En 1998, o Goberno iraniano comprometeuse publicamente a non instigar a execución de Rushdie. Isto ocorreu como parte dun acordo máis amplo entre Irán e o Reino Unido para normalizar as relacións entre os dous países. Rushdie máis tarde declarou que xa non viviría na clandestinidade.
En 2016 visitou o Festival de Óbidos, esgotando as entradas cunha semana de antelación.[3]
En 2020 tiña previsto visitar o Estado español para presentar o seu libro Quichotte (referido ao Quixote), pero tivo que cancelar a visita por padecer COVID-19.[4]
O 12 de agosto de 2022 Salman Rushdie foi apuñalado no pescozo durante unha conferencia en Nova York.[5]
Os título están na súa versión en lingua inglesa.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Salman Rushdie |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salman Rushdie |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |