Deron Washington
Información persoal
Nacemento 12 de decembro de 1985 (38 anos)
Nova Orleáns, Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto N. Christian Academy (Maryland)
Universidade Virginia Tech (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 59
Por Detroit Pistons
Carreira 2008−2021
Historial de equipos
Hapoel Holon (2008–2009)
Los Angeles D-Fenders (2009)
Tulsa 66ers (2009–2010)
Obradoiro CAB (2010–2012)
Barak Netanya (2012–2013)
Pistoia Basket 2000 (2013–2015)
Bnei Herzliya (2015)
Vanoli Cremona (2015–2016)
Auxilium Torino (2016–2018)
Reyer Venezia (2018–2019)
Pallacanestro Trieste (2019–2020)
Mitteldeutscher (2021)

Deron Washington, nado o 12 de decembro de 1985 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva

Universidade

Deron Washington xogou durante catro tempadas cos Hokies do Virginia Polytechnic Institute and State University, nas que promediou 11,0 puntos e 5,4 rebotes por partido.[1] Foi titular en 125 dos 128 partidos que disputou cos Hokies,[2] xogando o seu partido máis completo ante os Virginia Cavaliers, no que conseguiu 22 puntos, 10 rebotes, 3 asistencias e 2 tapóns.[3][4]

Profesional

Washington foi elixido no posto 59 do NBA Draft do 2008 polos Detroit Pistons,[5] mais quedou sen sitio no equipo, polo que decidiu aceptar a oferta do Hapoel Holon da Ligat ha'Al de Israel,[6] onde promediou 14,8 puntos e 7,0 rebotes por partido.[7]

Ao finalizar a tempada regresou aos Estados Unidos, disputando as ligas de verán cos Pistons e conseguindo un contrato parcialmente garantido por dúas tempadas.[8] Mais, tras disputar a pretemporada co equipo, en outubro do 2009, os Pistons optaron por dar confianza ao veterano Chucky Atkins en detrimento de Washington, sendo despedido.[9]

O 5 de novembro do 2009 foi elixido na terceira posición do draft da D-League por Los Angeles D-Fenders,[10] sendo enviado en decembro dese mesmo ano aos Tulsa 66ers a cambio do aleiro Keith Clark[11] En Tulsa disputou un total de 41 partidos, finalizando a tempada cunha medias de 12,4 puntos, 4,7 rebotes e 1.8 asistencias por partido.[12]

En agosto do 2010 confirmouse o regreso do xogador a Europa tras asinar co Obradoiro CAB, que daquela xogaba na LEB Ouro española, onde ao tener condición de asimilado por estar casado cunha muller de nacionalidade alemá non ocupou praza de estranxeiro.[13]

Palmarés

Obradoiro CAB

Notas

  1. thedraftreview.com Ficha de Washington en TDR
  2. NBA.com After a European stint, Pistons see NBA future for athletic Washington
  3. techhoops.com Tech Hoops. 13 Deron Washington Arquivado 29 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  4. youtube.com Virginia Tech-UVa Basketball 2.10.07 | 1st Half
  5. thedraftreview.com 2008 NBA Draft
  6. detroitbadboys.com Deron Washington will play in Israel
  7. usbasket.com Deron Washington Basketball Player Profile, stats, biography, career
  8. detroitbadboys.com Report: Deron Washington gets a guaranteed deal
  9. NBA.com Pistons Waive Deron Washington
  10. "2009-10 NBA D-League Draft Recap: D-Fenders". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2011. 
  11. NBA.com TULSA 66ERS ACQUIRE FORWARD DERON WASHINGTON Arquivado 21 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  12. solobasket.com Obradoiro se sube al carro de los favoritos por el ascenso con Bernard Hopkins y Deron Washington publicado o 19 de agosto do 2010
  13. elcorreogallego.es Deron Washington ya es jugador del Obradoiro Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas