Cangrejeros de Santurce – No. 6 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1989 (35 anos) Frederick, Maryland |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Notre Dame Prep (Fitchburg, Massachusetts) |
Universidade | Kansas State (2007–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Miami Heat |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Miami Heat (2008–2010) Minnesota Timberwolves (2010–2012) Phoenix Suns (2012–2013) Miami Heat (2013–2014) Shanghai Sharks (2014–2015) Miami Heat (2015) Shandong Golden Stars (2015–2016) Houston Rockets (2016) Milwaukee Bucks (2016–2017) New York Knicks (2017–2018) Los Angeles Lakers (2018–2019) Guangdong Southern Tigers (2019) Cangrejeros de Santurce (2021–presente) |
Michael Paul Beasley, nado o 9 de xaneiro de 1989 en Frederick, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Cangrejeros de Santurce do Baloncesto Superior Nacional (BSN). Cunha altura de 2,06 metros xoga na posición de ala.
Xogou os catro anos de instituto en catro colexios diferentes, con 138 vitorias e só 5 derrotas. Promediou 28 puntos e 16 rebotes no seu último ano. Foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos sub-18, onde promediou 13,8 puntos e 8,3 rebotes por partidos.
Xogou unha temporada nos Wildcats da Universidade de Kansas State, pero bastoulle para amosar que estaba preparado para xogar na NBA, facendo 26,2 puntos por partido e 12,4 rebotes por partido. O 14 de abril de 2008 anunciou a súa intención de presentarse ao Draft da NBA, renunciando aos 3 anos que lle quedaban como universitario.
O 26 de xuño de 2008 foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2008 polos Miami Heat.[1] Asinou polos Heat o 2 de xullo.[2] No seu debut na Summer League da NBA o 7 de xullo, Beasley anotou 28 puntos e capturou 9 rebotes (e 2 asistencias[3]) en 23 minutos de xogo.[4][5] Foi segundo na liga en rebotes conseguidos, e empatou no terceiro posto de anotación na Summer League de 2008.[6] No seu primeiro adestramento con Miami, foi golpeado accidentalmente no peito polo cóbado dun compañeiro.[7] Foi evaluado e ao día seguinte volveu ao equipo cun hematoma no peito, e só participou nos exercicios sen contacto.[8] Tiña lixeiramente fracturado o externo, e puido adestrar con normalidade 2 días despois do golpe.[9]
No seu primeiro partido da pretempada, Beasley anotou 16 puntos contra os Detroit Pistons.[10] Nos seguintes partidos fixo 21 puntos e 7 rebotes contra os Nets,[11] 12 puntos e 11 rebotes tamén contra os Nets,[12] 14 puntos e 6 rebotes contra os Magic,[13] 19 puntos contra os Grizzlies,[14] 14 puntos e 3 rebotes contra os Hornets,[15] e 19 puntos e 9 rebotes contra os San Antonio Spurs.[16] No primeiro partido da tempada 2008-09, Beasley anotou 9 puntos na derrota contra os New York Knicks. Conseguiu unha anotación de dobres díxitos nos seguintes nove partidos, incluíndo 25 puntos contra os Charlotte Bobcats, o que supuso a súa máxima anotación da tempada, o 1 de novembro.[17]
Despois da eliminación dos Heat na primeira rolda dos playoffs de 2009, sóubose que Beasley, xunto ao seu compañeiro Mario Chalmers, tamén rookie, foron sancionados en varias ocasións durante a tempada por violar as normas internas do equipo.[18]
Durante a tempada 2009-10 foi titular en todos os partidos. O 19 de febreiro de 2010 liderou a vitoria dos Heat contra os Memphis Grizzlies con 30 puntos, o máximo da súa carreira, xunto con 8 rebotes.[19] Nesa tempada, fixo 14.8 puntos e 6.4 rebotes por partido. Na derrota en primeira rolda dos playoffs de 2010 contra os Boston Celtics, baixou a súa media a 10.4 puntos e 5.8 rebotes.[20]
O 12 de xullo de 2010, Beasley foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio dunha elección en segunda rolda do draft do 2011 e do 2014. Beasley foi traspasado para facer oco salarial para Miami, para asinar aos axentes libres LeBron James e Chris Bosh, e para asinar outra vez con Dwyane Wade.[21]
O 10 de novembro de 2010, liderou a vitoria dos Timberwolves sobre os Sacramento Kings con 42 puntos, o máximo da súa traxectoria, conseguindo tamén 9 rebotes.[22] Rematou a tempada entre os 20 máximos anotadores da liga, con 19.2 puntos por partido.[23]
O 20 de xullo de 2012, Beasley asinou un contrato por 3 anos e 18 millóns de dólares cos Phoenix Suns.[24]
O 23 de xullo de 2018, Beasley asinou cos Los Angeles Lakers.[25] O 7 de febreiro de 2019, Beasley foi traspasado xunto a Ivica Zubac ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala.[26] Dous días máis tarde, foi cortado polos Clippers.[27]