Los Angeles Clippers – No. 40 | |
Posición | Pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 18 de marzo de 1997 (27 anos) Mostar |
Nacionalidade | Croacia |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 2 / Elección: 32 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Zrinjevac (2013–2014) Cibona (2014–2016) Mega Leks (2016) Los Angeles Lakers (2016–2019) → Los Angeles D-Fenders (2016–2017) → South Bay Lakers (2017–2018) Los Angeles Clippers (2019–presente) | |
Información en nba.com |
Ivica Zubac, nado o 18 de marzo de 1997 en Mostar, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Zubac foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Los Angeles Lakers.[1] O 7 de xullo de 2016, Zubac asinou cos Lakers.[2] Zubac debutou na NBA o 2 de novembro de 2016, anotando seis puntos na vitoria dos Lakers por 123-116 contra os Atlanta Hawks.[3] Durante a súa tempada de rookie, Zubac foi asignado en varias ocasións ós Los Angeles D-Fenders, o afiliado dos Lakers na NBA D-League.[4]
O 7 de febreiro de 2019, Zubac foi traspasado xunto a Michael Beasley ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala.[5]