New Orleans Pelicans – No. 14 | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de setembro de 1997 (26 anos) Kinston, Carolina do Norte |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Kinston (Kinston, North Carolina) |
Universidade | Duke (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (2016–2019) New Orleans Pelicans (2019–presente) |
Brandon Xavier Ingram, nado o 2 de setembro de 1997 en Kinston, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Ingram foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Los Angeles Lakers.[1] O 23 de agosto de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2] Debutou cos Lakers o 26 de outubro de 2016, saíndo dende o banco e anotando 9 puntos na vitoria por 120-114 ante os Houston Rockets.[3]
O 6 de xullo de 2019, Ingram foi traspasado xunto a Lonzo Ball, Josh Hart, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[4]