Utah Jazz – No. 11 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 18 de marzo de 1994 (30 anos) New London, Connecticut |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | New London (New London, Connecticut) |
Universidade | Providence (2012–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Minnesota Timberwolves (2016–2017) Chicago Bulls (2017–2020) Atlanta Hawks (2020–2021) Agua Caliente Clippers (2022) Portland Trail Blazers (2022) Capital City Go-Go (2022–2023) Utah Jazz (2023–presente) |
Kristofer Michael Dunn, nado o 18 de marzo de 1994 en New London, Connecticut, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Dunn foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Minnesota Timberwolves.[1] O 7 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Timberwolves.[2]
O 22 de xuño de 2017, Dunn foi traspasado xunto a Zach LaVine e os dereitos de Lauri Markkanen ós Chicago Bulls, a cambio de Jimmy Butler e os dereitos de Justin Patton.[3]
O 28 de novembro de 2020, Dunn asinou cos Atlanta Hawks.[4]
O 7 de agosto de 2021, Dunn foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Sacramento Kings.[5] Foi traspasado de novo o 15 de setembro de 2021 ós Memphis Grizzlies, pero foi cortado polos Grizzlies pouco antes de comezar a tempada.[6]
O 14 de marzo de 2022, Dunn asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers.[7] O 24 de marzo de 2022, asinou un segundo contrato de dez días cos Blazers.[8] O 3 de abril de 2022, asinou cos Blazers ata final de tempada.[9]
O 22 de febreiro de 2023, Dunn asinou un contrato de dez días cos Utah Jazz.[10] O 4 de marzo de 2023, asinou un segundo contrato de dez días cos Jazz.[11] O 14 de marzo de 2023, asinou un contrato de varios anos cos Jazz.[12]