Portland Trail Blazers – No. 11 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 11 de decembro de 1992 (31 anos) Atlanta, Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Greater Atlanta Christian (Norcross, Georgia) |
Universidade | Virginia (2011–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 2 / Elección: 36 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2016–2019) Indiana Pacers (2019–2022) Boston Celtics (2022–2023) Portland Trail Blazers (2023–presente) |
Malcolm Moses Brogdon, nado o 11 de decembro de 1992 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Brogdon foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Milwaukee Bucks. O 30 de xullo de 2016, asinou un contrato cos Bucks.[1] Fixo o seu debut na NBA o 26 de outubro de 2016, facendo oito puntos e cinco asistencias en 21 minutos, na derrota dos Bucks por 107-96 contra os Charlotte Hornets.[2] Ó remate da súa primeira tempada na liga, gañou o galardón ó Rookie do Ano, e foi elixido de maneira unánime no mellor equipo de rookies da tempada.[3]
O 29 de xuño de 2019, os Bucks decidiron facer axente libre restrinxido a Brogdon.[4] O 6 de xuño de 2019, Brogdon asinou cos Indiana Pacers a cambio dun futuro intercambio de roldas do Draft.[5]
O 9 de xullo de 2022, Brogdon foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Aaron Nesmith, Daniel Theis, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023.[6]