Detroit Pistons – No. 5 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de novembro de 1996 (27 anos) Atlanta, Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 85 kg (187 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | St. Francis (Alpharetta, Xeorxia) |
Universidade | Florida State (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Denver Nuggets |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2016–2020) → Sioux Falls Skyforce (2016–2017) Minnesota Timberwolves (2020–2022) Utah Jazz (2022–2023) Los Angeles Lakers (2023) Milwaukee Bucks (2023–2024) Detroit Pistons (2024–presente) |
Malik JonMikal Beasley, nado o 26 de novembro de 1996 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Beasley foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Denver Nuggets.[1] O 9 de agosto de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Nuggets.[2] Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Sioux Falls Skyforce da NBA Development League.[3]
O 5 de febreiro de 2020, Beasley foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos.[4]
O 6 de xullo de 2022, Beasley foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[5]
O 9 de febreiro de 2023, os Jazz traspasaron a Beasley ós Los Angeles Lakers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Minnesota Timberwolves.[6] Debutou cos Lakers dous días máis tarde, facendo catro puntos e dous rebotes na vitoria por 109–103 contra os Golden State Warriors.[7]
O 6 de xullo de 2023, Beasley asinou cos Milwaukee Bucks.[8]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016–17 | Denver | 22 | 7.5 | .452 | .321 | .800 | 0.8 | 0.5 | 0.3 | 0.0 | 3.8 |
2017–18 | Denver | 62 | 9.4 | .410 | .341 | .667 | 1.1 | 0.5 | 0.2 | 0.1 | 3.2 |
2018–19 | Denver | 81 | 23.2 | .474 | .402 | .848 | 2.5 | 1.2 | 0.7 | 0.1 | 11.3 |
2019–20 | Denver | 41 | 18.2 | .389 | .360 | .868 | 1.9 | 1.2 | 0.8 | 0.1 | 7.9 |
Total | 206 | 16.4 | .444 | .382 | .810 | 1.5 | .9 | .5 | .1 | 7.4 |