Minnesota Timberwolves – No. 27 | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 26 de xuño de 1992 (31 anos) Saint-Quentin, Aisne |
Nacionalidade | Francia |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 117 kg (258 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Denver Nuggets |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Cholet Basket (2010–2013) Utah Jazz (2013–2022) → Bakersfield Jam (2013) Minnesota Timberwolves (2022–presente) |
Rudy Gobert-Bourgarel, nado o 26 de xuño de 1992 en Saint-Quentin, Aisne, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Na tempada 2011-12 da LNB Pro A, Gobert fixo 4.2 puntos e 3.6 rebotes por partido co Cholet Basket.[1]
O 27 de xuño de 2013, Gobert foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Denver Nuggets. Pouco despois foi traspasado ós Utah Jazz a cambio da 46ª elección, Erick Green, e diñeiro. O 6 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Jazz para a tempada 2013-14.[2] O 14 de decembro de 2013, foi asignado ós Bakersfield Jam da NBA Development League.[3] O 21 de decembro foi chamado de volta polos Jazz.[4] O 4 de xaneiro de 2014 foi asignado de novo ós Jam,[5] e volveu ós Jazz o 13 de xaneiro.[6]
O 6 de xullo de 2022, Gobert foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Patrick Beverley, Malik Beasley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026.[7]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013-14 | Utah | 45 | 9.6 | .486 | .000 | .492 | 3.4 | 0.2 | 0.2 | 0.9 | 2.3 |
Total | 45 | 9.6 | .486 | .000 | .492 | 3.4 | 0.2 | 0.2 | 0.9 | 2.3 |