Dallas Mavericks – No. 10 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 16 de marzo de 1992 (32 anos) Alameda (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Palmer Trinity School (Palmetto Bay (Miami) Miami Palmetto HS (Pinecrest) |
Universidade | Michigan (2010–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 24 Por New York Knicks |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
New York Knicks (2013–2015) Atlanta Hawks (2015–2017) →Canton Charge (2015) →Austin Spurs (2015–2016) New York Knicks (2017–2019) Dallas Mavericks (2019–presente) | |
Premios e galardóns | |
1º Equipo de Rookies NBA (2014) |
Timothy Duane "Tim" Hardaway, Jr., nado o 16 de marzo de 1992 en Alameda (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). É o fillo da estrela da NBA nos anos noventa, Tim Hardaway.
O 27 de xuño de 2013, Hardaway foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2013 polos New York Knicks.[1] O 4 de xullo de 2013, asinou un contrato por 4 anos e 6.1 millóns de dólares cos Knicks, e participou co equipo na Liga de Verán de 2013.[2] Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi elixido no primeiro equipo All-Rookie da NBA,[3] e rematou quinto na votación ó Rookie do Ano.[4]
Hardaway participou tamén cos Knicks na Liga de Verán da NBA de 2014.[5]
O 31 de xaneiro de 2019, Hardaway Jr. foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Trey Burke e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[6]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013–14 | New York | 81 | 23.1 | .428 | .363 | .828 | 1.5 | 0.8 | 0.5 | 0.1 | 10.2 |
2014–15 | New York | 70 | 24.0 | .389 | .342 | .801 | 2.2 | 1.8 | 0.3 | 0.2 | 11.5 |
2015–16 | Atlanta | 51 | 16.9 | .430 | .338 | .893 | 1.7 | 1.0 | 0.4 | 0.1 | 6.4 |
2016–17 | Atlanta | 79 | 27.3 | .455 | .357 | .766 | 2.8 | 2.3 | 0.7 | 0.2 | 14.5 |
2017–18 | New York | 57 | 33.1 | .421 | .317 | .816 | 3.9 | 2.7 | 1.1 | 0.2 | 17.5 |
2018–19 | New York | 46 | 32.6 | .388 | .347 | .854 | 3.5 | 2.7 | 0.9 | 0.1 | 19.1 |
Total | 384 | 25.9 | .419 | .344 | .818 | 2.5 | 1.8 | 0.6 | 0.2 | 13.0 |