Olimpia Milano | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1991 (32 anos) Fort Wayne, Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 110 kg (220 lb) |
Posición | Ala-pivote / Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Bishop Luers (Fort Wayne, Indiana) |
Universidade | Ohio State (2010–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 2 / Elección: 58 Por San Antonio Spurs |
Carreira | 2013−presente |
Historial de equipos | |
JSF Nanterre (2013–2014) Barcelona (2014–2015) Austin Spurs (2015–2016) Anadolu Efes (2016–2017) Maccabi Tel Aviv (2017–2018) Panathinaikos (2018–2020) Alvark Tokyo (2020–2021) Bayern München (2021–2022) Olimpia Milano (2022–presente) |
Deshaun Leroy Thomas, nado o 29 de agosto de 1991 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.
Thomas foi seleccionado polos San Antonio Spurs na 58ª posición do Draft da NBA de 2013.[1] Xogou cos Spurs a Liga de Verán da NBA de 2013, onde fixo 12.4 puntos, 5.0 rebotes e 1.2 asistencias por partido en cinco encontros xogados. O 16 de agosto de 2013, asinou por unha tempada co JSF Nanterre francés.[2]
O 31 de agosto de 2014, asinou unha tempada co FC Barcelona da Liga ACB.[3]