Río Breogán – No. 7 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1993 (31 anos) St. Louis, Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Oak Hill Academy (Virginia) Christian Life Center (Texas) |
Universidade | Kansas (2012–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Sacramento Kings |
Carreira | 2013−presente |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2013–2017) Memphis Grizzlies (2017–2018) → Memphis Hustle (2017) Sacramento Kings (2018–2019) Houston Rockets (2019–2021) Los Angeles Lakers (2021) Portland Trail Blazers (2021–2022) Shandong Hi-Speed Kirin (2023) AEK Atenas (2023) Río Breogán (2023−presente) |
Ben Edward McLemore III, nado o 11 de febreiro de 1993 en St. Louis, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Río Breogán da Liga ACB.
O 27 de xuño de 2013, McLemore foi elixido na 7ª posición do Draft de 2013 polos Sacramento Kings.[1] Foi elixido Rookie do Mes da Conferencia Oeste dos meses de outubro e novembro, ó facer 9.1 puntos en 22.8 minutos por partido.[2] O 7 de xullo de 2017, McLemore asinou un contrato cos Memphis Grizzlies.[3] O 17 de xullo de 2018, McLemore foi traspasado xunto a Deyonta Davis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Sacramento Kings, a cambio de Garrett Temple.[4] O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Kings.[5] O 23 de xullo de 2019, McLemore asinou cos Houston Rockets.[6] O 3 de abril de 2021, os Rockets cortaron a McLemore.[7] O 6 de abril de 2021, McLemore asinou cos Los Angeles Lakers.[8] O 8 de abril debutou cos Lakers, anotando seis puntos na derrota contra os Miami Heat.[9] O 5 de agosto de 2021, McLemore asinou cos Portland Trail Blazers.[10]
En marzo de 2024 tivo un incidente coa policía local de Lugo ao se negar a facer un control de alcoholemia.[11] En 2024 foi acusado de violación e outros tres delitos sexuais en Oregón.[12]