Hsinchu JKO Lioneers – No. 20 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1993 (31 anos) Toronto, Ontario |
Nacionalidade | Canadá |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Harold M. Brathwaite (Brampton, Ontario) Findlay Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | UNLV (2012–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Cleveland Cavaliers |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Cleveland Cavaliers (2013–2014) Minnesota Timberwolves (2014–2015) Toronto Raptors (2015–2016) →Raptors 905 (2015–2016) Brooklyn Nets (2016–2017) →Long Island Nets (2016) Fenerbahçe (2017) Northern Arizona Suns (2017) Maine Red Claws (2017–2018) Agua Caliente Clippers (2018–2019) Cangrejeros de Santurce (2021) Hapoel Jerusalem (2021–2022) Kaohsiung Steelers (2022) Hsinchu JKO Lioneers (2022–presente) |
Anthony Harris Bennett, nado o 14 de marzo de 1993 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Hsinchu JKO Lioneers.
O 27 de xuño de 2013, Bennett foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Cleveland Cavaliers.[1] Na súa tempada coma rookie foi cualificado coma unha das peores primeiras eleccións do Draft dos derradeiros anos.[2]
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Cavaliers, os Minnesota Timberwolves e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Bennett e Andrew Wiggins foron traspasados ós Timberwolves, xunto a Thaddeus Young dos Sixers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os 76ers recibiron a Luc Mbah a Moute e Alexey Shved de Minnesota e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland.[3] O 19 de outubro de 2014, decidiron ampliar o contrato de Bennett ata a tempada 2015-16.[4]