Mike Muscala
Detroit Pistons – No. 41
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de xullo de 1991 (33 anos)
St. Louis Park, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 108 kg (239 lb)
Información da carreira
Instituto Roseville (Minnesota)
Universidade Bucknell (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 44
Por Dallas Mavericks
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Obradoiro CAB (2013–2014)
Atlanta Hawks (2014–2018)
Fort Wayne Mad Ants (2014–2015)
→ Erie BayHawks (2017)
Philadelphia 76ers (2018–2019)
Los Angeles Lakers (2019)
Oklahoma City Thunder (2019–2023)
Boston Celtics (2023)
Washington Wizards (2023–2024)
Detroit Pistons (2024–presente)

Michael Peter "Mike" Muscala, nado o 1 de xullo de 1991 en St. Louis Park, Minnesota, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote ou de pivote.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Muscala foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks. Despois foi traspasado xunto a Lucas Nogueira e Jared Cunningham ós Atlanta Hawks a cambio da 18ª elección do Draft, Shane Larkin.[1] O 31 de xullo de 2013, Muscala asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, Muscala acadou 14.6 puntos e 7.8 rebotes por encontro, cunha valoración media de 16.9.

O 25 de febreiro de 2014 deixou o Obradoiro para xogar na NBA.[2][3] O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de varios anos cos Atlanta Hawks.[4]

O 6 de febreiro de 2019, Muscala foi traspasado xunto a Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.[5] O día seguinte, Muscala foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Michael Beasley e Ivica Zubac.[6]

O 10 de xullo de 2019, Muscala asinou cos Oklahoma City Thunder.[7]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Atlanta Hawks select Dennis Schroeder and acquire Lucas Nogueira in first round of 2013 NBA Draft". NBA.com. 28 de xuño de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  2. "Mike Muscala flying to Atlanta to sign with Hawks, agent says". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  3. "Obradoiro announce an agreement with Hawks for Mike Muscala". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  4. HAWKS SIGN MIKE MUSCALA TO CONTRACT
  5. Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
  6. "L.A. Clippers Acquire Ivica Zubac And Michael Beasley". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  7. "Thunder Signs Mike Muscala". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]