Santeros de Aguada – No. 32 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1996 (27 anos) Lanham, Maryland |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Riverdale Baptist (Upper Marlboro, Maryland) |
Universidade | Louisville (2014–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 2 / Elección: 37 Por Houston Rockets |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2016–2018) → Rio Grande Valley Vipers (2016–2018) Greensboro Swarm (2018–2019) Wonju DB Promy (2019–2020) Zadar (2020–2021) Bnei Herzliya (2021–2022) Dinamo Sassari (2022) Hapoel Tel Aviv (2022–2023) Joventut Badalona (2023–2024) Goyang Sono Skygunners (2024) Santeros de Aguada (2024–presente) |
Chinanu Onuaku, nado o 1 de novembro de 1996 en Lanham, Maryland, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Santeros de Aguada do Baloncesto Superior Nacional (BSN). Con 2,08 metros de estatura xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
O 23 de xuño de 2016, Onuaku foi seleccionado polos Houston Rockets na 37ª posición do Draft da NBA de 2015.[1] O 20 de xullo de 2016, Onuaku asinou cos Rockets.[2] O 26 de decembro de 2016, Onuaku debutou na NBA na vitoria dos Rockets por 131–115 contra os Phoenix Suns.[3]
O 2 de agosto de 2018, os Rockets traspasaron a Onauku ós Dallas Mavericks a cambio dos dereitos de Maarty Leunen.[4] Foi cortado polos Mavericks catro días máis tarde.[5]
O 4 de setembro de 2018, Onuaku asinou cos Portland Trail Blazers.[6] O 13 de outubro de 2018, foi cortado polos Trail Blazers.[7]