Axente libre | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de xullo de 1997 (27 anos) Sacramento, California |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pleasant Grove (Elk Grove, California) |
Universidade | Washington (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (2016–2018) Houston Rockets (2018–2019) Cleveland Cavaliers (2019) Golden State Warriors (2019–2021) Dallas Mavericks (2021–2022) | |
Premios e galardóns | |
2º Equipo de Rookies NBA (2017) |
Marquese De’Shawn Chriss, nado o 2 de xullo de 1997 en Sacramento, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Chriss foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Sacramento Kings. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dos dereitos de Bogdan Bogdanović e os dereitos das eleccións 13ª e 28ª do Draft, Georgios Papagiannis e Skal Labissière.[1]
O 31 de agosto de 2018, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.[2]
O 7 de febreiro de 2019, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[3]
O 30 de setembro de 2019, Chriss asinou cos Golden State Warriors.[4] O 25 de marzo de 2021, Chriss foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio dos dereitos do Draft de Cady Lalanne.[5] Tres días máis tarde, foi cortado polos Spurs.[6]
O 24 de xuño de 2022, Chriss foi traspasado xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[7] Sen chegar a debutar cos Rockets, foise traspasado o 30 de setembro de 2022 ós Oklahoma City Thunder xunto a Trey Burke, David Nwaba e Sterling Brown, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[8] O 17 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Chriss.[9]