Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1994 (30 anos) Norwood, Massachusetts |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 95 kg (209 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | King Philip Regional (Wrentham, Massachusetts) |
Universidade | Maryland (2012–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 2 / Elección: 47 Por Orlando Magic |
Carreira | desde 2016 |
Historial de equipos | |
Portland Trail Blazers (2016–2019) → Windy City Bulls (2017) Minnesota Timberwolves (2019–2022) |
Jake Douglas Layman, nado o 7 de marzo de 1994 en Norwood (Massachusetts), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
O 23 de xuño de 2016, Layman foi escollido na 47ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic, e foi traspasado nesa mesma noite do Draft ós Portland Trail Blazers, a cambio dunha futura elección da segunda rolda.[1] O 6 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Trail Blazers.[2] Debutou na NBA o 1 de novembro de 2016, facendo 17 puntos na derrota dos Blazers por 127–104 contra os Golden State Warriors.[3]
O 8 de xullo de 2019, Layman asinou un novo contrato de tres anos cos Blazers antes de ser traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Bojan Dubljević.[4]
O 9 de novembro de 2022, Layman asinou por unha tempada co Bàsquet Manresa da Liga ACB.[5] Poucos días máis tarde, o 15 de novembro, o Manresa decidiu rescindir o contrato do xogador por unha lesión.[6]