Joventut Badalona – No. 11 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1997 (27 anos) Rice Lake, Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Rice Lake (Wisconsin) |
Universidade | Marquette (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Detroit Pistons |
Carreira | 2016−presente |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2016–2019) → Grand Rapids Drive (2016–2019) New York Knicks (2019) Brooklyn Nets (2019–2020) → Long Island Nets (2019) Raptors 905 (2020–2021) Toronto Raptors (2021) Obradoiro (2021–2022) Joventut Badalona (2022–presente) |
Henry John Ellenson, nado o 13 de xaneiro de 1997 en Rice Lake, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB.
O 23 de xuño de 2016, Ellenson foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Detroit Pistons.[1] O 19 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons.[2] Debutou na NBA o 26 de outubro de 2016, capturando dous rebotes en dous minutos na derrota dos Pistons por 109–91 contra os Toronto Raptors.[3] Durante a súa primeira tempada na NBA, Ellenson foi asignado en varias ocasións ós Grand Rapids Drive, afiliado dos Pistons na NBA D-League.[4] O 9 de febreiro de 2019, Ellenson foi cortado polos Pistons.[5]
O 20 de febreiro de 2019, Ellenson asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.[6] Tras varios encontros con boa aportación ó equipo, asinou cos Knicks ata final de tempada.[7]
O 17 de xullo de 2019, Ellenson asinou cos Brooklyn Nets.[8] Tras participar en cinco partidos, os Nets rescindiron o contrato de Ellenson.[9]
O 26 de novembro de 2020, Ellenson asinou un contrato cos Toronto Raptors.[10] O 19 de decembro de 2020, foi cortado polos Raptors.[11] O 10 de marzo de 2021, tras pasar polos Raptors 905, afiliado de Toronto na NBA G League, Ellenson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[12]
O 13 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Ellenson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[13]
O 7 de xullo de 2022, Ellenson asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.[14]