Boston Celtics – No. 7 | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 24 de outubro de 1996 (27 anos) Marietta, Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 101 kg (223 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Wheeler (Marietta, Georgia) |
Universidade | California (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2016–presente) |
Jaylen Marselles Brown, nado o 24 de outubro de 1996 en Marietta, Xeorxia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).
O 23 de xuño de 2016, Brown foi seleccionado na 3ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Boston Celtics. O 27 de xullo de 2016, Brown asinou o seu contrato de rookie cos Celtics tras facer 16.0 puntos, 6.2 rebotes e 2.3 roubos en seis partidos da Liga de Verán.[1] Fixo o seu debut cos Celtics o 26 de outubro de 2016 contra os Brooklyn Nets.[2]