Desulfovibrio | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Desulfovibrio vulgaris | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Desulfovibrio desulfuricans (Beijerinck 1895) Kluyver & van Niel 1936 | |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Desulfovibrio é un xénero de bacterias redutoras do sulfato gramnegativas.[1] As especies de Desulfovibrio atópanse comunmente en ambientes acuáticos con altos niveis de materia orgánica, así como en solos asolagados e forman os principais membros das comunidades de hábitats oligotróficos extremos, como acuíferos en rochas granticas fracturadas. Son bacilos curvos con flaxelación polar non esporulados, que conteñen desulfoviridina.[1]
Utilizan o lactato, piruvato, etanol e certos ácidos graxos como doantes de electróns, reducindo o sulfato a sulfuro. Para cultivalas utilízase un medio anóxico con lactato, sulfato e ión ferroso. O ión ferroso reacciona co ácido sulfhídrico orixinado a partir do lactato, formando un precipitado negro de sulfuro de ferro. Despois íllanse as bacterias en cultivos anaerobios en tubos xiratorios ou placas de Petri, cámaras para anaerobios ou tubos de ágar fundido.[1]
Igual que outras bacterias redutoras do sulfato, Desulfovibrio é considerada un anaerobio obrigado.[1] Pero, aínda que o seu crecemento está limitado en presenza de O2, estas bacterias poden sobrevivir en ambientes con O2, polo que serían aerotolerantes, debido a que posúen varias encimas oxíxeno redutases.[2]
En anos recentes observouse que algunhas especies de Desulfovibrio teñen un potencial na biorremediación de radionúclidos tóxicos como o uranio por un proceso de bioacumulación redutiva.[3]
A taxonomía actualmente aceptada está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN)[4] e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)[5]
Baseado no ARNr 16S (LTP_01_2022)[6][7][8] | Baseado en 120 proteínas marcadoras (GTDB 07-RS207)[9][10][11] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
Especies non asignadas:
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |