Os Detroit Tigers son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Detroit, Míchigan. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da American League (AL). Desde o ano 2000 xogan os seus partidos como local no Comerica Park, recinto con capacidade para 41.297 espectadores. Os Tigers, fundados no ano 1901,[1] foron un dos membros fundadores da American League, a franquía desta liga máis antiga con sede na mesma cidade e co mesmo nome. O equipo gañou catro Series Mundiais (1935, 1945, 1968 e 1984), once títulos da American League (1907, 1908, 1909, 1934, 1935, 1940, 1945, 1968, 1984, 2006 e 2012), e catro títulos da División Central (2011, 2012, 2013 e 2014). Os Tigers tamén gañaron títulos de división en 1972, 1984 e 1987, cando eran membros da División Leste.