Os Oakland Athletics (habitualmente abreviado como A's) son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Oakland (California). O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da American League (AL). Os Athletics xogan desde o ano 1968 os seus partidos como local no Oakland–Alameda County Coliseum. O club posúe nas súas vitrinas nove títulos da Serie Mundial, sendo o terceiro equipo con máis títulos (tan só despois dos New York Yankees con 27 e os St. Louis Cardinals con 11). O filme Moneyball, nomeada a seis premios na 84ª edición dos Oscar, e libro no que se basea, trata sobre como o equipo conseguiu competir a pesar de ter moitas limitacións financeiras.[1]