Dirty Dancing | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dirty Dancing |
Director | Emile Ardolino |
Produtor | Linda Gottlieb |
Guión | Eleanor Bergstein |
Intérpretes | Patrick Swayze Jennifer Grey Jerry Orbach Cynthia Rhodes |
Música | John Morris Erich Bulling |
Fotografía | Jeffrey Jur |
Montaxe | Peter C. Frank |
Distribuidora | Vestron Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Amor |
Orzamento | $6 000 000[1] |
Recadación | $213 954 274 |
Filme seguinte | Dirty Dancing: Havana Nights |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dirty Dancing é unha longametraxe de xénero romántico con números de baile. Estreouse en 1987 e está escrita por Eleanor Bergstein e dirixida por Emile Ardolino. Acadou un importante éxito comercial e considerase un clásico da década dos oitenta. O intérprete masculino do filme é Patrick Swayze. Estreouse en galego na TVG o 7 de maio de 2011.[2]
Johnny Castle é un profesor de baile con certa experiencia profesional. Baby Houseman, pola súa banda, é unha idealista e inocente moza. Durante a estadía de Baby no hotel de montaña no cal Johnny traballa polo verán como bailarín e profesor, coñécense.
Dende a primeira vez que Baby ve a Johnny, sente atracción por el a pesar das diferenzas entre os dous. Paseniñamente diversas situacións e a intención de Baby de axudar a Johnny e maila súa compañeira de baile fan que os dous se acheguen cada vez máis un ao outro. O baile axuda a crear unha atmosfera de complicidade.