Patrick Swayze
Nome completoPatrick Wayne Swayze
Nacemento18 de agosto de 1952
LugarHouston
Falecemento14 de setembro de 2009
LugarOs Ánxeles
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIgrexa católica
Educado enCoastal Carolina University, San Jacinto College e Waltrip High School
PaiJesse Wayne Swayze
NaiPatsy Swayze
Cónxuxe(s)Lisa Niemi
Profesiónactor de televisión, actor de cinema, cantautor, actor, bailarín, cantante, coreógrafo, actor de dobraxe, produtor de cinema e Aikidoka
Na rede
IMDB: nm0000664 Allocine: 13450 Rottentomatoes: celebrity/patrick_swayze Allmovie: p113376 TCM: 187592 Metacritic: person/patrick-swayze TV.com: people/patrick-swayze IBDB: 79810
Spotify: 6dH5I8Q7HhXu74cBXkP0LD iTunes: 160064798 Last fm: Patrick+Swayze Musicbrainz: 295ab66f-31fe-4530-afb2-3b80613707ea Songkick: 382372 Discogs: 355254 Allmusic: mn0000016239 WikiTree: Swayze-66 Find a Grave: 41963010 Deezer: 5257 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Patrick Wayne Swayze (pronunciado ˈsweɪziː), nado en Houston (Texas) o 18 de agosto de 1952 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2009, foi un actor, cantante e bailarín estadounidense. Foi coñecido sobre todo polos seus papeis nos filmes Dirty Dancing e Ghost.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia católica de orixe irlandesa no estado de Texas. A súa nai era coreógrafa e o seu pai delineante. Na escola tomou contacto con disciplinas que serían importantes na súa vida, como o ballet clásico, o teatro e a patinaxe sobre xeo. Con vinte anos marchou a Nova York a completar os seus estudos de danza nas escolas de balé Harkness Ballet e Joffrey Ballet.

Cine, teatro e televisión

A primeira aparición profesional de Swayze como bailarín foi na compañía Disney on Parade. A finais dos setenta e primeiros oitenta fixo algunhas substitucións en producións teatrais de Broadway e papeis puntuais en series de televisión, ata que en 1983 se dá a coñecer como un dos personaxes principais de The Outsiders, o filme de Francis Ford Coppola. Esa participación dálle para encadear tres series de ficción para televisión: Amencer vermello (1984), Youngblood (1986), e sobre todo North and South (1986), ambientada durante a guerra civil estadounidense.

Aínda que eses traballos lle outorgan unha certa sona, o papel que o levou á fama foi a súa interpretación do profesor de danza Johnny Castle en Dirty Dancing, a comedia musical romántica daquela tempada (1987), e que gañou o Oscar á mellor canción orixinal. Swayze foi nomeado a un globo de ouro pola súa actuación, e o filme foi o primeiro da historia en vender máis dun millón de copias en vídeo. Despois de realizar algúns papeis menores e de aparecer en distintas promocións polo seu atractivo físico, en 1990 interpretou o seu segundo filme importante, a comedia Ghost, con Demi Moore e Whoopi Goldberg. O filme foi nomeado para varios óscares, pero só acadou o de mellor guión e o de mellor actriz secundaria. Ao ano seguinte foi elixido pola revista People como home vivo máis sexi.

Dende o ano 1996 ata o ano 2000 Swayze tivo que deixar de actuar como consecuencia dunha caída de cabalo, que lle rompeu as dúas pernas e lle ocasionou outras feridas e lesións. En 2001 filma Donnie Darko e en 2004 un remake de King Solomon's Mines. Durante todo este tempo non abandonou o teatro nin tampouco as series de televisión, aínda que non tivo moitos papeis principais. A súa última produción foi de feito a serie The Beast, cando xa anunciara publicamente que padecía cancro.

Vida persoal e falecemento

Swayze casou o 12 de xuño de 1975 con Lisa Niemi, e permaneceu casado ata a súa morte. Non tiveron fillos. Era afeccionado aos cabalos e sabía pilotar unha avioneta.

En xaneiro de 2008 foille diagnosticado un cancro de páncreas, que fixo público. Durante os dous últimos anos da súa vida mesturou as súas aparicións públicas para recadar diñeiro para a loita contra a enfermidade, con tratamentos médicos de quimioterapia e operacións. Faleceu de cancro no verán de 2009.

Filmografía

Ano Filme ou serie
1979 Skatetown
1983 Uncommon Valor
1983 The Outsiders
1984 Amencer vermello
1984 Grandview
1985 North and South (serie)
1986 Youngblood
1987 Dirty Dancing
1987 Steel Dawn
1988 Tiger Warsaw
1989 Next of Kin
1989 Road House
1990 Ghost
1991 Point Break
1992 City of Joy
1993 Father Hood
1995 Disney's Tall Tale
1995 Three Wishes
1995 To Wong Foo, Thanks for Everything, Julie Newmar
1998 Letters from a Killer
1998 Black Dog
2000 Forever Lulu
2001 Donnie Darko
2001 Green Dragon
2002 Waking Up in Reno
2003 One Last Dance
2003 11:14
2004 Dirty Dancing: Havana Nights
2004 George and the Dragon
2004 King Solomon's Mines (miniserie)
2005 Keeping Mum
2005 Icon
2006 The Fox and the Hound 2
2007 Jump!
2007 Christmas in Wonderland
2008 Powder Blue
2009 The Beast (serie)