Infotaula de personaEaldwulf de Anglia Oriental
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morte713 Editar o valor em Wikidata
Rei de Anglia Oriental
665 – 713
← Aethelwald de Anglia OrientalAelfwald de Anglia Oriental → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaWuffingas Editar o valor em Wikidata
FillosAelfwald de Anglia Oriental Editar o valor em Wikidata
PaisÆthelric (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hereswith (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ealdwulf (ou Aldwulf) foi rei de Anglia Oriental entre 663 e 713. Os seus corenta e nove anos de reinado son unha marca en lonxevidade, só comparábeis aos reinados de Æthelbald de Mercia e Offa de Mercia. O seu extenso reinado reflicte o éxito das alianzas formadas nas décadas anteriores á súa ascenso ao trono. Durante o seu reinado, Anglia Oriental experimentou un longo período de estabilidade e crecemento, do mesmo xeito que o seu principal centro comercial de Gipeswic (a actual Ipswich).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes e infancia

[editar | editar a fonte]

Ealdwulf foi fillo de Æthilric e neto de Eni. Pertencía á dinastía dos Wuffingas que gobernaron Anglia Oriental, un reino anglosaxón independente que comprendía os actuais condados ingleses de Norfolk e Suffolk e parte dos Fens[1][2]. O seu pai Æthilric pode ser a mesma persoa que Ecgric, rei de Anglia Oriental falecido en batalla ao redor 636[3][4]. A súa nai Hereswith, era filla de Hereric e Breguswith (sobriño de Edwin de Northumbria), pertencía á familia real Northumbriana. Pouco despois de converterse en rei en 616, Edwin matou a Ceretic de Elmet, despois do asasinato do pai exiliado de Hereswith. Hereswith puido ser bautizada por Paulino de York en 626, xunto coa súa irmá Hilda, Edwin e outros membros da súa familia. O matrimonio de Æthilric e Hereswith tivo lugar entre 626 e 633, antes de que Edwin fose asasinado por Cadwallon ap Cadfan, e creou a expectativa de que Æthilric sería un marido cristián e probabelmente rei de Anglia Oriental. Este matrimonio selou o pacto familiar entre Æthilric e Edwin.

Durante a nenez de Ealdwulf, Félix de Borgoña e Furseo predicaban activamente en Anglia Oriental[5]. De neno, dise que Ealdwulf viu para si o templo que contiña os altares cristiáns e pagáns que Rædwald de Anglia Oriental mantivera, aínda que este testemuño puido ser obra de Beda. Æthilric morreu antes de 647, tras o cal a súa viúva partiu cara á Galia para seguir a vida relixiosa. Non sabemos se Ealdwulf acompañou a súa nai, ou se permaneceu en Anglia Oriental durante os movidos reinados do seu tres tíos — Anna, Aethelhere e Æthelwold. Probabelmente quedase e actuase como ealdorman, xa que contaba con 20 anos nesa época.

Reinado

[editar | editar a fonte]

Ealdwulf, que subiu ao trono en 663, foi o último rei de Anglia Oriental do que Beda soubo algo[6]. Ao comezo do seu reinado, unha gran peste varreu os reinos anglosaxóns. Nalgún momento, Bonifacio de Dommoc foi o único bispo inglés consagrado desde Canterbury.

En 669, o papa Vitaliano enviou a Teodoro de Tarso e o seu axudante Hadrian a Canterbury, onde Ecgberht, fillo de Eorcemberht de Kent, era rei. Teodoro creou unha grande escola e comezou a reformar a Igrexa de Inglaterra. Bisi foi nomeado bispo de Dommoc. En York creou bispo de Northumbria a Wilfrid e enviou ao titular, Chad, primeiro a Lastingham como abade e logo como bispo a Lichfield en Mercia. Oswiu de Northumbria morreu en 670 e foi enterrado preto de Edwin en Whitby: a súa viúva Eanfled tamén se retirou para vivir xunto a Hilda, tía materna de Ealdwulf. Oswiu foi sucedido por Ecgfrith, cuxa muller Eteldreda quedou virxe.

Padroado monástico e división da diocese

[editar | editar a fonte]
As dioceses anglosaxoas antes de 925

En 672, Eteldreda tomou os seus votos coa axuda de Wilfrid, a quen cedeu unha propiedade en Hexham, e despois dun ano escapou ás súas propiedades de Ely en Anglia Oriental, onde fundou un mosteiro dobre, a orixe da grande abadía medieval. Namentres, en Kent, o seu sobriño Ecgberht estableceu o mosteiro de Minster-in-Thanet, gobernado pola súa curmá Eormenburga, esposa de Merewalh. En 673, Ecgberht foi sucedido polo seu irmán Hlothhere e a súa nai Seaxburh, irmá de Eteldreda, estableceuse no mosteiro de Minster-en-Sheppey na Illa de Sheppey.

O goberno de Ely e Sheppey por dúas raíñas nadas en Anglia Oriental creou un eixo de  influencia. Teodoro notificou a Ecgfrith que non podía volver casar dentro da Igrexa mentres Eteldreda vivise, negándolle un herdeiro lexítimo. Pouco despois, co bispo Bisi enfermo, dividiu o bispado de Dommoc, creando unha segunda sede. O bispo Æcci foi nomeado para Dommoc e Baduwine para Helmham. O abade Botolph morreu en 674 en Iken e foi sucedido por Æthelheah.

Influencia en Lindsey

[editar | editar a fonte]
Un mapa dos reinos anglosaxóns

O nome e dinastía da raíña de Ealdwulf é descoñecida. Tiveron polo menos dous nenos, o seu herdeiro Ælfwald e Ecgburga, que sería abadesa. Á morte de Wulfhere de Mercia cara a 675, a súa viúva Eormenhild uniuse á súa nai en Minster-in-Sheppey e o seu irmán Aethelred, cuxa muller Osthryth era filla de Oswald de Bernicia, sucedeuno no trono. Desde a época de Raedwald o goberno de Lindsey estivera disputado entre Mercia e Northumbria, pero despois dunha batalla en 679 Mercia impúxose. Anglia Oriental recoñeceu a influencia crecente de Mercia.

Conflito con Wessex

[editar | editar a fonte]

En 685 dous acontecementos fortaleceron o poder de Mercia: Kent viuse mergullado nunha guerra civil na que Hlothhere pereceu, e Ecgfrith de Northumbria morreu nunha expedición contra os pictos. Ealdwulf foi un do tres reis anglos, xunto con Æthelred de Mercia e Aldfrith, aos que o papa Serxio dirixiu unha carta en 692 instando a aceptación de Berhtwald de Reculver como sucesor de Teodoro en Canterbury. Pouco despois, Kent foi invadido por Caedwalla de Wessex: durante unha primeira invasión, o seu irmán Mul foi capturado e queimado xunto co seu gardacostas. Despois, Caedwalla abdicou para ingresar na vida relixiosa. Mentres que Wihtred, fillo de Ecgberht, tomaba posesión de Kent, Ine comezaba o seu reinado en Wessex. É posíbel que Ealdwulf axudase a Kent contra Wessex. En 693-694 Ine obrigou a Kent a pagar unha compensación pola morte de Mul, pero tamén, segundo Guillerme de Malmesbury, expulsou á nobreza de Anglia Oriental e fíxoos fuxir. Isto quizais ocorreu en Kent, dado que Ealdwulf non foi derrocado.

Relacións con Mercia

[editar | editar a fonte]

As posesións de Anglia Oriental  ampliáronse en Ely en 696, cando Seaxburh trasladou os restos incorruptos de Eteldreda á igrexa de mosteiro. Seaxburh morreu en 699 e foi sucedida en Ely por Eormenhilda. O poder de Mercia en Lindsey foi reforzado no mosteiro real de Bardney, xunto a Lincoln: a raíña Osthryth depositou as reliquias do seu pai Oswald alí, pero foi asasinada por mercianos en 697. Æthelred abdicou e retirouse a Bardney en 704, sendo sucedido polo seu sobriño, Coenred, fillo de Wulfhere e Eormenhilda. A súa filla Werburga entrou na familia real de Mercia ao casar con Æthelred, fillo de Ceolred. A dependencia de Essex con respecto a Mercia queda demostrada polos diplomas de Coenred, e atopamos un acordo amigábel cando Coenred e Offa de Essex abdican xuntos para iren a Roma en peregrinación en 709. A posición de Ealdwulf quedou protexida polo investimento completo da súa familia nas dinastías circundantes e o seu padroado de casas relixiosas principais.

Os últimos anos do reinado de Ealdwulf estiveron marcados polo insatisfactorio goberno de Ceolred, que esgotou os recursos monásticos para manter o seu estilo de goberno. Neste tempo o ermitán Guthlac vivía en Crowland[7]. O seu retiro converteuse en refuxio para Æthelbald, un pretendente ao trono de Mercia, que parece recibir ánimos e protección por parte da nobreza de Anglia Oriental. Aínda así este desenvolvemento, extremadamente importante no seu resultado, aínda non chegara ao seu fin á morte de Ealdwulf en 713, deixando ao seu fillo Ælfwald como herdeiro.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 68
  2. Hoggett, The Archaeology of the East Anglian Conversion, p. 25.
  3. Kirby, The Earliest English Kings, p. 74.
  4. Warner, Origins, pp. 109, 111-112.
  5. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 63.
  6. Pestell, Landscapes of Monastic Foundation, pp. 54-55.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]