Efter brylluppet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Efter brylluppet |
Director | Susanne Bier |
Produtor | Sisse Graum Olsen |
Guión | Anders Thomas Jensen |
Baseado en | Historia orixinal de Susanne Bier Anders Thomas Jensen |
Intérpretes | Mads Mikkelsen Sidse Babett Knudsen Rolf Lassgård |
Música | Johan Söderqvist |
Fotografía | Morten Søborg |
Montaxe | Pernille Bech Christensen Morten Højbjerg |
Estudio | Det Danske Filminstitut Sigma Films Sveriges Television Zentropa Entertainments |
Distribuidora | Nordisk Film Biografdistribution (Dinamarca) Sony Pictures Releasing (Suecia) |
Estrea | 24 de febreiro de 2006 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Dinamarca Suecia |
Recadación | 11,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Efter brylluppet é un filme dinamarqués-sueco de 2006 dirixido por Susanne Bier e protagonizado por Mads Mikkelsen e Sidse Babett Knudsen. O filme foi un éxito da crítica e foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios.
En febreiro de 2018, a actriz Julianne Moore e o seu marido, o director Bart Freundlich, anunciaron a súa intención de facer unha versión do filme para a audiencia anglófona, Despois da voda, que está ambientado en Nova York e a India. A produción comezou na primavera de 2018.[2][3][4][5] O remake estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de agosto de 2019.