Under sandet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Under sandet |
Director | Martin Zandvliet |
Produtor | Malte Grunert Mikael Chr. Rieks |
Guión | Martin Zandvliet |
Intérpretes | Roland Møller Mikkel Følsgaard |
Música | Sune Martin |
Fotografía | Camilla Hjelm Knudsen |
Montaxe | Per Sandholt Molly Malene Stensgaard |
Distribuidora | Nordisk Film |
Estrea | Festival de Toronto: 10 de setembro de 2015 3 de decembro de 2015 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Dinamarca Alemaña |
Xénero | Drama e bélico |
Orzamento | 35,5 millóns de coroas[1] |
Recadación | 3,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Under sandet é un filme dinamarqués-alemán de 2015 dirixido por Martin Zandvliet. Foi elixido para a súa estrea na sección Plataforma do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[3] Foi escollido como candidato de Dinamarca, e finalmente nomeado, para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios.[4][5][6]
O filme está inspirado en feitos reais e conta a historia de prisioneiros de guerra alemáns enviados a limpar campos de minas en Dinamarca despois do remate da segunda guerra mundial.
O sarxento do exército dinamarqués Carl Leopold Rasmussen é encargado de dirixir un pelotón de prisioneiros do exército alemán en maio de 1945, despois da liberación de Dinamarca na segunda guerra mundial. A súa misión é limpar de minas terrestres unha praia do oeste de Dinamarca. Rasmussen odia profundamente os alemáns, aos que considera inimigos que invadiron a súa patria, e manifesta ese odio con agresións e vexacións aos prisioneiros cada vez que pode. A Rasmussen asígnanlle un grupo de catorce soldados cunha media de vinte anos. Ao velos, non se acovarda ante a realidade de seren adolescentes.