Eu, Daniel Blake | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | I, Daniel Blake |
Director | Ken Loach |
Produtor | Rebecca O'Brien |
Guión | Paul Laverty |
Intérpretes |
|
Música | George Fenton |
Fotografía | Robbie Ryan |
Montaxe | Jonathan Morris |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 13 de maio de 2016 21 de outubro de 2016 6 de setembro de 2021 (TVG) |
Duración | 100 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Francia |
Xénero | Drama |
Recadación | 15,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
|
Eu, Daniel Blake (en inglés: I, Daniel Blake) é un filme británico-francés de 2016 dirixido por Ken Loach e escrito por Paul Laverty. Está protagonizado por Dave Johns no papel de Daniel Blake, a quen se lle nega o subsidio de emprego e manutención malia que o seu médico no o recoñeceu como apto para traballar. Hayley Squires interpreta a Katie, unha loitadora nai solteira de quen Daniel se fai amigo.
Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, o premio do público no Festival Internacional de Cinema de Locarno,[3][4] e o BAFTA de 2017 ao mellor filme británico.[5]
Estreouse en galego o 6 de setembro de 2021 a través da TVG.[6]
O viúvo Daniel Blake, un carpinteiro de 59 anos de Newcastle, sofre un ataque cardíaco. Aínda que o seu cardiólogo non lle permitiu volver ao traballo, Daniel considérase apto para facelo despois dunha avaliación da capacidade de traballo trala que lle denegaron o subsidio de desemprego. Frústralle saber que o seu médico non foi contactado sobre a decisión e solicita unha apelación, un proceso que lle resulta difícil porque debe completar os formularios en liña e é un analfabeto dixital.
Daniel faise amigo da nai solteira Katie despois de que esta fose sancionada por chegar tarde a unha cita no centro de traballo. Katie e os seus fillos acaban de mudarse a Newcastle desde un refuxio para persoas sen fogar de Londres, xa que non hai aloxamento a prezos accesibles en Londres.