O vento que axita o orxo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Wind That Shakes the Barley |
Director | Ken Loach |
Produtor | Rebecca O'Brien |
Guión | Paul Laverty |
Intérpretes | Cillian Murphy Pádraic Delaney Liam Cunningham Orla Fitzgerald Mary O'Riordan Mary Murphy Roger Allam Laurence Barry Damien Kearney Seán Mac Fhionnghaile |
Música | George Fenton |
Fotografía | Barry Ackroyd |
Montaxe | Jonathan Morris |
Estrea | 2006 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Irlanda Reino Unido Alemaña Italia España Francia Bélxica Suíza |
Xénero | Drama |
Orzamento | €6.500.000[1] |
Recadación | $22.899.908 [2] |
Na rede | |
O vento que axita o orxo (en inglés: The Wind That Shakes the Barley) é un filme do director británico Ken Loach. Ambiéntase na loita pola independencia irlandesa nos anos 20, e a posterior guerra civil. Foi premiada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes no 2006.
Irlanda no 1920. Uns campesiños únense para formaren un exército guerrilleiro co obxectivo de combateren aos invasores ingleses, os temidos Black and Tans. Damien (Cillian Murphy) abandona unha prometedora carreira de médico para acompañar ao seu irmán Teddy (Pádraic Delaney) na loita pola liberdade. O tratado de paz asinado polo que se lle concede a independencia a parte de Irlanda, lonxe de traer a calma, fai estalar unha guerra civil na cal os irmáns antes aliados se enfrontarán.