Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.
Este artigo trata sobre a fractura de dúas rochas, para o artigo sobre a festa valenciana véxase Fallas.
Falla de Ramón en Israel.

Unha falla, en xeoloxía, é unha descontinuidade que se forma nas rochas superficiais da Terra (ata uns 200 km de profundidade) por fractura, cando as forzas tectónicas superan a resistencia das rochas. A zona de ruptura ten unha superficie xeralmente ben definida denominada plano de falla e a súa formación vai acompañada dun esvarado tanxencial plano das rochas .

O movemento causante da dislocación pode ter diversas direccións: vertical, horizontal ou unha combinación de ámbalas dúas. Nas masas montañosas que se alzaron por movemento de fallas, o desprazamento pode ser de miles de metros e mostra o efecto acumulado, durante longos períodos, de pequenos e imperceptibles desprazamentos, no canto dun gran levantamento único. Con todo, cando a actividade nunha falla é repentina e brusca, pódese producir un gran terremoto, e ata unha ruptura da superficie terrestre, xerando unha forma topográfica chamada escarpa de falla.

Elementos dunha falla

Características dunha falla

As seguintes características permítennos describir fallas:

Fallas activas e inactivas

Falla de Santo André (California).
Falla de Santo André (California). Topografía da rexión a partir de datos da NASA Shuttle Radar Topography Mission.

Unha falla é activa cando deforma sedimentos cuaternarios, é dicir cando mostra evidencias de movementos durante os últimos 1,8 millóns de anos. Algunhas fallas activas adoitan ter terremotos asociados o que demostra que seguen funcionando. O esvarado pode ser repentino, en forma de saltos ando lugar a sismos, e seguido de períodos de inactividade. Os sismos máis grandes orixináronse por saltos de 8 a 12 m. O esvarado tamén pode darse de xeito lento e continuo, só perceptible con instrumentos tales como estacións GPS logo de varios anos de observacións.

O primeiro tipo son fallas sísmicas mentres que o segundo son asísmicas ou reptantes. Con todo, ao considerar intervalos grandes de tempo da orde de miles de anos, ambos tipos desprázanse a velocidades medias duns cantos milímetros a uns cantos centímetros por ano.

Un exemplo é o sistema de fallas de Santo André no sur e centro de California nos EUA, o cal xerou os terremotos de San Francisco (M=8,2, na escala de Richter) en 1906, Los Angeles (M=6,5) en 1993 e recentemente Hector Mine (M=7) en 1999 e San Luis Obispo (M=6,2) en 2004. Falla da parte central do sistema San Andrés, por outra banda, deslízanse asismicamente.

Tamén existen fallas antigas inactivas creadas en eras xeolóxicas pasadas e que sobreviven como estruturas fósiles ata os nosos días. Estas non representan ningún perigo para poboacións próximas.

Clasificación das fallas segundo o seu movemento

Tipos fundamentais de fallas: a) Falla inversa b) Falla normal c) Falla de desgarre d) Rotacional (non ilustrada).
Falla de desprazamento horizontal.

As fallas clasifícanse en tres tipos en función dos esforzos que as orixinan e dos movementos relativos dos bloques:

Asociacións de fallas

As fallas pódense presentar asociadas nunha serie de estruturas:

Fallas notables

Véxase tamén

Outros artigos