Ferrari FXX
O Ferrari FXX no Salón do Automóbil de Bruxelas de 2006.
Ferrari
Información
País Italia
Fabricante Ferrari
Produción 2005-2007, 30 unidades
Sucesor
Carrozaría Berlinetta dúas portas
Motor Motor V12 a 65º no medio de 6262  cc
Potencia 800 hp. a 8500 rpm
Longo 4.702 mm
Largo 2.035 mm
Alto 1.147 mm
Peso 1155 kg
Tracción Traseira, caixa de cambios secuencial de 6 velocidades
Suspensión
Freos
Prestacións 365 Km/h. Aceleración 0-100: 2.5 s.
Pneumáticos 19 polgadas
Outros datos
[1]
Vista posterior do Ferrari FXX.

O Ferrari FXX é un automóbil superdeportivo producido pola marca de automóbiles italiana Ferrari. O FXX é a versión ultradeportiva do Ferrari Enzo (sucesor do Ferrari F50), concibida por Giuseppe Petrotta. O seu motor V12 de 6.262 cc ofrece 800 CV a 8500 rpm e 70 mkg de par máximo a 5750 rpm. A pesar deste cabalaxe desmesurado o FXX non rompe coa tradición da marca e é fiel á tracción traseira. A súa carrocería construída integramente en fibra de carbono ofrece a 350 km/h unha carga aerodinámica de 1500 kg (430 kg máis que o Ferrari Enzo á mesma velocidade).

A súa velocidade máxima é de 386 km/h, entrando así no vedado terreo dos cinco coches máis rápidos do mundo. Só ten un asento (monopraza), e non está homologado nin para circular pola rúa nin para competición. Só foron fabricadas 30 unidades, a maioría delas da cor "Rosso Corsa", aínda que hai outras de cor negra, azul e amarela. A súa fabricación foi posible grazas á axuda de Bridgestone e Brembo por facer uns pneumáticos e uns freos específicos do modelo. O seu prezo variaba entre 1 500 000 e 1 800 000 euros segundo a cor do vehículo e dependendo de cantos Ferrari posuía o seu futuro comprador. Unha condición insalvable que Ferrari impuxo aos seus futuros propietarios era de adquirir anteriormente un Ferrari Enzo directamente á marca, descartando así os que foron adquiridos no mercado de segunda man.

O FXX

[editar | editar a fonte]

Este superdeportivo foi construído coa mesma idea en mente que cando se fixo o Ferrari F50 GT. Esencialmente é unha evolución do Ferrari Enzo, ten algúns compoñentes doutros Ferraris, pero son importantes exclusivas no FXX.

O motor do FXX baséase no do Enzo, pero a cilindrada foi aumentada a 6262 cc, a caixa de cambios incorpora as últimas novidades de Ferrari na F1 e os freos están mellorados en comparación cos do Enzo. No entanto, os discos do FXX conservan o material cerámico dos discos do Enzo.

Os pneumáticos do FXX teñen 19 polgadas (483 mm) de diámetro. Do mesmo xeito que no Enzo, o asento e os pedais teñen unha configuración personalizada para que se axuste ás medidas exactas do propietario. O FXX dispón dunha ampla supervisión de datos e telemetría, que non só permite ao controlador mellorar o rendemento, senón que tamén proporciona valiosos datos técnicos do Ferrari FXX para mellorar a estabilidade na estrada.

Ferrari construíu 31[1](o número orixinal era de 30) unidades deste coche, e todos eles foron vendidos a clientes preseleccionados por Ferrari (excepto un deles que Ferrari S.p.A. mantén en segredo), incluído o campión do mundo de F1, Michael Schumacher, ao cal foille vendida a unidade número 30. O FXX de Schumacher distínguese dos demais xa que é o único FXX negro sen franxas vermellas e ten un círculo de cor vermella con molduras nas rodas, e ten tamén a famosa sinatura MS no interior e o número 30 nas portas. Un coche non se vendeu e é propiedade de Ferrari. Estes poucos clientes non só son os propietarios dun Ferrari FXX, senón que tamén poden participar na realización de novos ensaios e desenvolvemento de marcas. Como o vehículo non está homologado para circular na rúa nin para competición, os propietarios teñen a opción de gardar o coche nas instalacións de Ferrari. Como parte do programa FXX, o coche mantense na fábrica de Ferrari. O propósito deste programa é permitir aos clientes de Ferrari un acceso exclusivo á máis actualizada tecnoloxía e utilizar as súas achegas para contribuír ao desenvolvemento de futuros modelos. O FXX chegou a custar 1 500 000 euros (excluídos os impostos), entre o prezo do automóbil e os servizos que ofrece con Ferrari.

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]

e 1650 mm eixo traseiro

Exemplares producidos

[editar | editar a fonte]

En total son 31 unidades. Inicialmente pensouse en 30 exemplares, pero o campión de F1, Michael Schumacher, pediu que lle fabricasen un personalizado segundo os seus desexos (con autógrafo e totalmente negro).

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. o_club_fxx_descoñecidos_ata_agora/78651387.html www.urlfan.com[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Páxina oficial