![]() | |
Nome orixinal | (es) Fruela I (gl) Froila I ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 722 ![]() Asturias ![]() |
Morte | 14 de xaneiro de 768 ![]() Cangas de Onís ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Oviedo ![]() |
![]() | |
757 – 768 ← Afonso I o Católico – Aurelio → | |
![]() | |
757 – 768 ← Afonso I o Católico – Aurelio → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Asturias Reino de Galicia ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro ![]() |
Outro![]() | |
Título | Rei de Asturias Princeps Rei de Galicia ![]() |
Familia | Dinastía ástur-leonesa ![]() |
Cónxuxe | Munia de Áraba |
Fillos | Afonso II de Oviedo ![]() |
Pais | Afonso I o Católico ![]() ![]() |
Irmáns | Mauregato, Adosinda e Vimarano ![]() |
![]() |
Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[1] durante o seu reinado (757-768)[2].
Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[3] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[3]. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.[4][5]
Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[2], concedéndolle o nome de Froila I.[1]
Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio[7].
Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[1], aos que venceu.
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de gran parte deste estamento.
Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira leste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.
Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[2]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[1], fillo de Froila Pérez.[8]
Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[8], fundado polo seu marido.
Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji)
Alfonse, roi de Galice ; il eut pour successeur son fils Firowilia / Afonso, rei de Galicia; foi sucedido polo seu fillo Froila
![]() |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froila I ![]() |
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso I o Católico |
Froila I | Precede a: Aurelio |
Primeiros caudillos (711-767) |