Glissando é un efecto que consiste en pasar rapidamente dun son a outro facendo escoitar todos os sons intermedios posibles segundo as características do instrumento. É un termo en lingua italiana que deriva do francés glisser, ou "escorregar". A técnica interpretativa variará en función do instrumento musical que deba executar o glissando.[1][2][3][4]
Este adorno musical represéntase nas partituras e partichelas mediante unha liña oblicua que vai dende a nota de partida na dirección desexada até a nota final. A liña pode ser ondulada ou recta, máis ou menos ancha e a miúdo vai acompañada pola abreviatura «gliss.» (véxase Figura 2).[5] A técnica interpretativa variará en función do instrumento musical que deba executar o glissando. Na notación para voz ó comezo utilizouse unha ligadura non moi diferente da ligaduraligadura de expresión, aínda que limitada a unir dúas notas adxacentes de diferente altura.[6]
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |