Hable con ella | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hable con ella |
Director | Pedro Almodóvar |
Produtor | Agustín Almodóvar Michel Ruben |
Guión | Pedro Almodóvar |
Intérpretes |
|
Música | Alberto Iglesias |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | José Salcedo |
Estudio | El Deseo S.A. |
Distribuidora | Warner Sogefilms |
Estrea | 15 de marzo de 2002 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Melodrama psicolóxico[1] |
Recadación | 64,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Hable con ella é un filme español de 2002 dirixido e escrito por Pedro Almodóvar. Está protagonizado por Leonor Watling, Javier Cámara, Rosario Flores, Geraldine Chaplin e Darío Grandinetti entre outros. Gañou o premio Oscar ó mellor guión orixinal en 2002 e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa en 2003. Entre os temas da película inclúense a dificultade de comunicación entre os sexos, a soidade e intimidade, segredos e infidelidades e a persistencia do amor trala perda.
É amplamente considerado un dos mellores filmes da década de 2000,[3] e unha das obras mestras de Almodóvar.
Os camiños de Benigno (Javier Cámara) e Marco (Darío Grandinetti) crúzanse cando ambos acoden á mesma actuación de baile, pero finalmente coinciden de novo na clínica privada onde Benigno traballa. Alí está a enfermeira de Alicia (Leonor Watling), unha fermosa estudante de danza que permanece en coma e coa que Benigno comeza a obsesionarse. Marco está na clínica para visitar a súa moza Lydia (Rosario Flores), unha famosa matadora, tamén en coma despois de ser collida por un touro.
Mentres as vidas de Marco e Benigno xiran arredor das das dúas mulleres, a historia contén flashbacks que contan as vidas das catro persoas centrándose nas súas relacións.
Marco deixa a Lydia cando a súa anterior parella lle informa de que eles volveran a estar xuntos un mes antes de que ela sufrise o accidente. Decide marchar de España cara a Xordania, co obxectivo de escribir unha guía turística. Estando alí descobre nun xornal a morte de Lydia.
Mentres, Benigno é acusado de violar a Alicia, da que cre estar namorado - aínda que non se revela se é realmente culpable - está fortemente implicado e é enviado a prisión. Pouco despois inxire unha gran cantidade de pastillas para intentar quedar el tamén en coma e así poder reunirse novamente con Alicia. Porén, o exceso de pastillas acaba coa vida de Benigno.
Ironicamente, Alicia esperta pouco antes do nacemento do fillo froito da violación. Cando o bebé acaba de nacer, Alicia comeza coa rehabilitación para poder volver a camiñar. A película remata con Marco, sentando diante de Alicia, xirándose e sorríndolle, e logo volvéndose cara a diante.
O filme recadou 9.285.469 dólares nos Estados Unidos e 41.716.081 dólares máis internacionalmente, para acadar os 51.001.550 dólares.[2]