Non confundir con Enrique Alvarellos, o seu pai

Henrique Alvarellos
Nacemento10 de outubro de 1968 (55 anos)
 Lugo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
PaiEnrique Alvarellos
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Hispánica
Na rede
AELG: 317
editar datos en Wikidata ]

Henrique Alvarellos Casas, nado en Lugo o 10 de outubro de 1968, é un editor e escritor galego.[1]

Traxectoria

Fillo de Enrique Alvarellos Iglesias e Concepción Casas Dávila, colaborou co diario El Progreso a mediados dos oitenta, facendo artigos de crítica musical. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, fixo posteriormente o máster en Medios de Comunicación da Universidade da Coruña e La Voz de Galicia en 1993. Posteriormente foi fotógrafo e redactor en La Voz de Galicia, cronista de sociedade en El Progreso, guionista de documentais para El Progreso TV, redactor do Telexornal comarcal da TVG na súa delegación de Lugo, correspondente para Galicia da revista Cambio 16, fundador e director da revista Beiramiño de Lugo, responsable de Prensa da Consellería de Obras Públicas, asesor de Comunicación do Xacobeo, de Turgalicia, redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo e columnista para a Axencia Galega de Noticias.[2][3]

Desde xuño de 2004 é o editor e director de Alvarellos Editora. Foi impulsor da apertura ao público do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 ou o 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia. [4]

Entrevista en 2016.

Obra en galego

Ensaio

Infantil

Obras colectivas

Obra en castelán

Obras colectivas

Notas

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-26. 
  2. "DESCUBRIR LUGO HENRIQUE ALVARELLOS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2006-04-04. Consultado o 2023-01-26. 
  3. "Henrique Alvarellos Casas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-26. 
  4. "Henrique Alvarellos Casas". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-01-26. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-26. 
  6. "SANTIAGO, 1909". Alvarellos Editora (en castelán). Consultado o 2023-01-26. 

Véxase tamén

Ligazóns externas